Esta semana a biblioteca encheuse dos máis diversos animais e até dun cazo grazas ao esforzo de diferentes estudantes de Primaria, que desenvolveron para 5º e 6º de Infantil contacontos como Riciños de ouro. A posta en escena deste clásico da literatura infantil correu a cargo de Leo, Carolina, Manuel, Martina Labandeira e Martina Molejón, de 5ºA:
Non quixeron faltar a esta actividade Iria, Sofía, Marian, Irene, Alba e Claudia, alumnas de 5ºB e 5ºC, que desenvolveron para os pícaros de Infantil unha obra fundamental para traballar a solidariedade e a independencia: A cebra Camila.
Carla, Noa, Candela e Uxía, de 5ºB, tamén nos achegaron a valores esenciais a través da representación da obra O cazo de Lorenzo, un conto metafórico para falar cos máis pequenos sobre as diferenzas e a capacidade de superación que posuímos cada un de nós.
Da man do alumnado de Primaria, a próxima semana novas historias visitarán a biblioteca para achegar aos pícaros de Infantil ao mundo dos contos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario