Esta semana os pícaros de 6ºA e 6ºB de Infantil desfrutaron cun fantástico contacontos desenvolvido por Sofía, Andrea e Sara, alumnas de 4ºA de Primaria.
A obra escollida para esta sesión foi Monstruo rosa, un fermoso álbum creado por Olga de Dios e publicado por Apila Ediciones, que resulta ideal para amosar aos pequenos o valor da diversidade como elemento enriquecedor da nosa sociedade
Pero tamén os nenos e as nenas de 6ºC de Infantil tiveron a súa oportunidade para divertirse co mundo dos contos, grazas a unha sesión desenvolvida por Candela, Noa, Uxía e Alexandra, de 5ºB de Primaria.
Estas contacontos xeniais puxeron en escena unha das obras favoritas dos pequenos: Cocorico. Todos o pasamos en grande con este álbum publicado por OQO, con texto de Marisa Núñez e ilustracións de Helga Bansch, que conta as aventuras dun pitiño moi lambón que se ten que enfrontar ao terrible Gato Pelado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario