Estes días, os pícaros de 5ºA e B de Infantil desfrutaron enormemente co álbum Rana de tres ojos grazas ao divertido contacontos que desenvolveron para eles Carmen, Noa, Enma, Lucía, Kalsoum e Chloe, alumnas de 4ºB de Primaria.
Finalizada a representación, os pequenos agradeceron o esforzo e o bo facer das contacontos cun enorme aplauso:
E a sesión rematou cunha pequena charla arredor desta fermosa historia, que nos fala das consecuencias fatais da contaminación, da necesidade de respectar o medio ambiente e da importancia de colaborar e traballar xuntos.
Sen dúbida, recomendamos a lectura desta obra de Olga de Dios, publicada por Apila Edicións:
No hay comentarios:
Publicar un comentario