Entre as diferentes sesións de contacontos desenvolvidas a pasada semana na biblioteca do Fogar, resultaron especialmente divertidas as vividas polo alumnado de 6º de Infantil, que puido desfrutar de historias como a do álbum Sopa verde, grazas a Fatou, Alma, Alexia, Alba, Naiala, Arantxa e Nerea, de 6ºB de Primaria.
Este grupo de contacontos xeniais non dubidou en poñer en escena este gracioso relato escrito por Angela Madeira e ilustrado Till Charlier, que podedes desfrutar en galego grazas á editorial OQO. Animámosvos a todos a achegarvos a esta obra, ideal para traballar cos pícaros os sabores e as cores, e para animalos a probar novos alimentos.
Outra destas divertidas sesións cos grupos de 6ºde Infantil estivo protagonizada por Belén e Carlota, alumnas de 4ºB de Primaria, que achegaron os pícaros a unha fermosa historia sobre a bondade e a amizade a través do álbum Oso Atrapabolboretas, escrito por Susanna Isern e ilustrado por Marjorie Pourchet.
Desde aquí recomendámosvos este entrañable conto sobre a tenra amizade que nace entre Oso e Branca, o cal tamén podedes encontrar publicado por OQO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario