martes, 21 de marzo de 2023

RISOS E SUSTOS CON CORRE CORRE, CABACIÑA

A semana pasada a biblioteca do Fogar viviu un momento máxico coa posta en escena do divertido álbum de Eva Mejuto e André Letria Corre corre, cabaciña. A adaptación teatral deste libro, convertido xa nun clásico da literatura infantil, correu a cargo dun grupo de veteranos contacontos de 5ºA de Primaria, composto por Leo, Aroa, Carolina, Manuel, Martina Labandeira, Martina Molejón, Gonzalo, Alejandra e Claudia. Este conxunto de artistas fixo desfrutar aos pícaros de 4º e 5º de Infantil coas aventuras dunha velliña que, camiño da voda da súa neta, encóntrase con tres terribles feras.














Todos o pasamos en grande co bo facer deste grupo de contacontos de 5ºA, que, logo de rematar a súa actuación, aínda tivo tempo para compartir cos pequenos un agradable momento vendo contos.







Non nos queremos despedir sen felicitar a este grupo de rapaces e rapazas de 5ºA pola súa xenerosidade e por todo o esforzo amosado durante os ensaios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario