jueves, 30 de marzo de 2023

UN GATO MOI LAMBÓN E UN MAR DE BÁGOAS

Esta semana continúan os contacontos na biblioteca do Fogar, nunhas sesións desenvolvidas por estudantes de 4º e 5º de Primaria para os grupos de Ed. Infantil. Entre todas as historias que nos están a visitar estes días, unha das que máis está a facer desfrutar aos pícaros é sen dúbida O gato lambón, un divertido álbum de Patacrúa e Oliveiro Dumas publicado por Kalandraka. O protagonista da obra, un gato insaciable que come todo o que se lle pon por diante, está a facer as delicias dos pequenos de 6º de Infantil grazas a Dani, Manuel, Andrea, Lucía, Osmani, Valentina, Sara e Bradley, de 5ºA de Primaria.






Tamén queremos destacar as sesións que están a levar a cabo Irene e Kalsoum, de 4ºB de Primaria, nas que andan a traballar as emocións con grupos de 4º e 5º de Infantil a través do álbum Lágrimas bajo la cama. A obra, escrita por Ana Meilán e ilustrada por Marta Mayo, fálanos da necesidade de respectar e expresar as nosas emocións.





No hay comentarios:

Publicar un comentario