miércoles, 26 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Traballando nun hospital en tempos Covid

 


María José Cotelo é traballadora no hospital CHUAC dende hai 30 anos, no laboratorio do banco de sangue. Cóntanos a súa experiencia traballando durante a pandemia, as súas medidas de hixiene para previr o Covid-19 e as medidas para traballar xa que pola pandemia non hai tantas urxencias; é decir, non hai tantas mostras de sangue.

 

Olalla Romero Cotelo (1º ESO A)

 

Cal é a súa especialidade no hospital?

Eu traballo no laboratorio. Analizo mostras de sangue para as operacións.

 

Que a levou estudar esta profesión?

Dende pequena gustábame moito o de analizar e soñaba con traballar nisto.

 

Canto tempo leva traballando no hospital?

Levo traballando trinta anos.

 

Como levou o tema do Covid-19 traballando nun hospital?

Eu levábao con moito respecto e con moita desinfección para non contaxiar a ninguén.

 

Tivo medo do Covid-19?

Non, non tiña medo, só respecto, porque aínda que estabamos en tempos Covid, eu estaba sempre na casa e no hospital estamos moi ben equipados.

 

Como vos preparades para traballar?

(Pensa). Cambiaron moitas cousas, porque tivemos que poñer bata desbotable, calzas, lentes, dobre máscara, unha FP2 e unha cirúrxica por enriba, dúas luvas. E ao traballar con tubos de análises, cada tubo que colliamos tiñamos que cambiar toda a roupa. O tema do Covid pois cambiounos moito porque por cada tubo había que desinfectar e cambiarnos. E leva máis tempo ca sen o Covid.

 

Cambiou o seu método de traballo?

Si, cambiou moito! Pasou de ter unha mostra dun tubo a facer o mesmo pero con outras prácticas para previr o Covid-19.

 

Ampliouse a plantilla de traballadores?

Non, non se ampliou a plantilla.

 

Se no traballo tiñades que ter máis delicadeza e máis desinfección, por que non ampliaron a plantilla de traballadores?

Nós traballamos para o aporte de sangue a maiores para as intervencións cirúrxicas e as urxencias. E, claro, como estabamos no confinamento, só había as operacións máis urxentes. Entón, aínda que daba máis traballo por desinfectar, non tiñamos tanto traballo porque non había tantas urxencias.

 

Tivo o Covid-19?

Non, non me contaxiei.

 

Contaxiouse algunha compañeira?

Non, ningunha. (Pensa). Eu creo que ninguén se contaxiou por estar nun laboratorio e non estar en contacto con persoas que veñen ao hospital e que poden ser positivo e tamén por estar en confinamento non había ninguén na rúa.

 

Cal era o seu transporte para ir traballar?

O meu transporte era o autobús porque non conduzo. Pero debido ao Covid-19, dábame moito medo ir no autobús. Entón, (pensa) tiven que pedir permiso e xustificantes de que non conducía para que me puidera levar o meu marido a traballar.

 

Cando chegaba á casa cales eran os seus métodos de desinfección?

Como traballo nun laboratorio, tiñámonos que duchar na casa. Entón, cando chegaba á casa, deixaba toda a roupa nunha caixa na entrada e ía á ducha e logo vestía unha roupa limpa.

 

Despois do confinamiento como cambiou a súa vida social?

Deixei de relacionarme coas miñas amigas ou familiares non conviventes. Deixei de ir a sitios que me gustaba ir como, por exemplo, a un restaurante.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario