Juan Francisco
Vivas Sánchez: “Levo traballando de mariñeiro desde xoven”
JADIR ABIEL GÓMEZ VIVAS (1º ESO D)
Por
que quixo ser mariñeiro?
Porque
desde xoven me gustaba o mar e meu pai era patrón.
Cantos
anos estivo traballando no mar?
Desde
os 16 ata os 47 anos.
Era
sinxelo ou complexo traballar alí?
Era
complexo polas horas que un non durmía e tamén polo temporal.
Cal
era o seu horario?
De
domingo a venres sempre.
Canto
peixe pescaba normalmente?
A
pesca era por toneladas e variaba porque ás veces non había.
Toda
a xente do barco facía o mesmo?
Si,
menos os patróns e o capitán.
Traía
peixe á casa cando volvía?
Si,
case sempre.
Cantos
quilos?
Uns
4 ou 5 quilos.
Como
eran os camarotes e cantas persoas cabían nun?
Eran
individuais e en cada camarote cabían catro persoas.
Gustáballe
o seu posto ou algunha vez pensou en cambialo?
Si,
gustábame. Non pensei en cambialo porque ás veces tamén facía como
contramestre.
Que
facía o capitán?
O
capitán buscaba a pesca e levaba e traía o barco a terra.
Algunha
vez morreu un compañeiro?
Non,
nunca.
Traballou
con algún familiar seu?
Si,
co meu irmán.
Levábase
ben con todos os do barco?
Si,
todos éramos unha familia.
Que
comía no barco?
Había
un cociñeiro, entonces a comida variaba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario