José Manuel naceu na Coruña no ano 1975. Cando era rapaz e xogaba ó fútbol no patio do Fogar Santa Margarida, nunca pensou que sería militar e un bo día tería que ir á guerra. Foi unha moi experiencia interesante.
Roi Moreno García (1º
ESO E)
A cantos anos empezou a traballar e en que?
Empecei
a traballar ós dezaseis anos. Un bo día, canso xa de estudar e sen moitas gañas
diso, decidín deixar os estudos e decirllo ó meu pai. Meu pai díxome que non
había problema pero que entón tiña que aprender un oficio e poñerme a traballar.
O día seguinte falou cun amigo seu que tiña unha ebanistería e comecei a
traballar de aprendiz de ebanista.
Era mal alumno xa que empezou a traballar
cedo?
A verdade
é que mentres me gustaba o colexio e estudar non era mal estudante. O que pasa é que o último ano, ó non estar motivado, comecei a sacar malos resultados. Cousa
da que me arrepentiría co paso dos anos, por ter que retomar xa de máis maior de
novo os estudos.
Cantos traballos tivo e cales?
Pois na
miña vida tiven dous traballos. O que xa che comentei antes de aprendiz de ebanista
e logo, a raíz de ter que facer o servizo militar, o meu traballo actual de
militar de carreira.
Xa que é militar, foi a algunha guerra?
Pois por
sorte ou desgracia, si, fun varias veces a intentar axudar a pór fin a algunha
guerra. Para especificarche máis, fun en dúas ocasións á guerra de Bosnia Herzegovina
e, noutra ocasión, á guerra de Kosovo.
Como se sente un na guerra?
Pois no
eido profesional é unha experiencia moi enriquecedora. Logo, a nivel persoal é
bastante duro por todas as cousas que conleva o feito de estar inmerso nunha
guerra, coas súas penurias, desgrazas e atrocidades que se cometen nelas. A súa
parte positiva é que aprendes a ver e a apreciar a vida de outra maneira que
non facías antes.
Canto tempo estivo nelas?
A
primeira vez que estiven en Bosnia botei un total de sete meses e medio. A
segunda vez que estiven, botei un total de seis meses. E, na última misión que
estiven foi a de Kosovo, botei outros seis meses. Como na maioría das cousas
nesta vida, a primeira vez sempre é a máis difícil, dura, complicada e longa.
Ser militar só implica ir á guerra?
A misión
dun militar non ten que ser ir á guerra. Como tal, a primeira e máis importante
das nosas misións é a defensa do noso territorio e da nosa soberanía nacional. Tamén
dentro das nosas tarefas están todas aquelas que nos encomendan as autoridades segundo as necesidades que o momento requira (apagar lume, inundacións, nevadas, catástrofes
e situacións nas que se nos chame para axudar como, por exemplo, agora nesta
larga pandemia que vivimos).
Que fai agora no seu traballo?
Pois
despois de cambiar varias veces de destino e poder voltar para a miña terra,
agora atópome destinado na Coruña na unidade do Cuartel Xeral do Mando de Apoio
a Manobra da Forza Terrestre, desenvolvendo tarefas administrativas nunha
oficina.
Como son as probas físicas do exército?
As
probas físicas dependeron sempre da demanda/oferta que houbera nese momento
para entrar no exército. Cando eu entrei, eran unhas probas normais. Logo, houbo
uns anos que foron máis asequibles e, na actualidade, debido ó pouco emprego
que hai, son máis esixentes.
A que idade se pode xubilar un militar?
Moito
depende da escala á que pertenzas. No meu caso xubílome coma a maioria dos
traballadores, podendo pasar á reserva un pouco antes; en concreto, ós
cincuenta e oito anos.
E para rematar recomendaríalle á xente ser
militar?
Eu
recomendaríallo a todo o mundo que lle gusten uns valores de compañeirismo,
amizade, sacrificio polos demais, estar disposto permanentemente para o seu
país, que queira ter unha vida diferente, chea de emocións fortes e
experiencias inolvidables, ter unha boa formación tanto física coma
intelectual. E o máis importante, ter vocación para iso.
Esta
é a historia de José Manuel, un exalumno do Fogar de Santa Margarida, na que
aprendemos que a vida dá moitas voltas e un nunca sabe cal vai ser a súa
vocación nin o que lle deparará o futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario