A vida
cincuenta anos atrás
Hoxe botamos una ollada á vida de hai cincuenta anos. María Dolores Fernández cóntanos como foi a súa infancia nos anos 70. Ela pasou de estudar nunha escola dunha pequena vila a un grande internado nunha gran cidade. E iso é tan só a súa formación académica. Tamén falaremos sobre a comida, os xoguetes…
CANDELA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ (1º ESO E)
Como era a escola hai 50 anos?
As
escolas rurais hai cincuenta anos constaban de dúas aulas. Unha para os nenos e
outra para as nenas. Non se compartía nin tan sequera o recreo. Os pupitres eran
de madeira e eran corridos. Había oito alumnos en cada fila. Cada dous asentos
tiñan un buraco para colocar os tinteiros.
Que tipos de materiais utilizaban para ir á escola?
O noso
material didático constaba dun libro que se chamaba O Parvulito e a Enciclopedia
de Primer, Segundo y Tercer Grado. Para escribir, unha pizarra e un pizarrín.
Todo reutilizable. (Ri). Ter una libreta, un lapis e goma era un luxo.
As fins de semana, descansabades ou traballabades?
A única
diferenza co resto dos días da semana era non ir á escola. Había máis tempo
para xogar pero aínda así había que colaborar coas tarefas da casa.
E como eran os xoguetes?
Pois
realmente había moi poucos xoguetes fabricados. O que se podía comprar normalmente
eran balóns e monecas. O resto facíamolos na casa. Había monecas, balóns e
tamén canicas, que eran un tesouro. (Ri)
Que era o que adoitabades comer nesa época?
Pois
daquela solíamos comer do que nos daba o campo. A mellor merenda era pan con
chocolate e, por suposto, o pan era feito na casa.
Completou toda a súa educación na escola rural?
Non, ós
oito anos marchei interna a un colexio de monxas en Ourense. O cambio foi
radical. Pasei dunha pequena escola e dunha pequena vila (A Pobra de Trives) a
un gran colexio e unha gran cidade.
Como era a educación e a vida alí comparado coa escola rural?
Completamente
diferente. A vida no internado era moi disciplinada e cuns horarios moi
estritos. As aulas eran moito máis grandes e dispoñíamos de material escolar novo
como as diapositivas e incluso tíñamos un cine.
En canto ós profesores, como eran?
Algunhas
materias impartíanas as monxas e outros profesores viñan de fóra do colexio.
Daquela o castigo físico estaba totalmente tolerado. Podías quedar dúas horas
de xeonllos perfectamente. De feito, ás veces atabánme as trenzas ás cadeiras.
Cóntenos algunha anécdota con algún profesor.
Sen
dúbida da que máis me acordo. (Ri). Tiña dez anos e estaba lendo a escondidas
na biblioteca cando de repente se abriu a porta e apareceu a Madre Luísa. Cando
a sentín entrar, agocheime detrás da estantería e, ó sentir que se aproximaba,
saltei pola ventá que daba á terraza con tan mala sorte de caer e esguinzar o
pé. Estiven tres meses sen poder entrar á biblioteca e un mes sen poder sair
do internado porque non podía camiñar. (Ri).
Cre que cambiou moito a vida nestes anos?
Realmente
si. Hai cousas mellores como os métodos de aprendizaxe e a tecnoloxía. E, por
outra parte, non son tan positivos xa que fomentan a individualidade.
Realmente
foi moi interesante falar da vida pasada dos nosos familiares e coñecer os
costumes que tiñan. A vida evolucionou moito, positivamente e negativamente
como nos conta María Dolores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario