martes, 25 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“A foquiña Bine mordeume accidentalmente na man”

 


No Aquarium Finisterrae hai moitos animais como tiburóns, focas, polbos, réptiles, etc. Case todos son peixes e teñen que coidarse. Por iso hai acuaristas como Rafael Paredes Córdova que lle dan de comer, os coidan e os protexen.

 

Diego Sebastián Paredes Montero (1º ESO A)

 

Gústalle traballar no Acuario, por que?

Si, é un dos traballos máis interesantes e divertidos que tiven.

 

Canto tempo leva traballando no Acuario?

Levo case seis anos traballando no acuario.

 

Que traballos realiza no Acuario?

Facemos traballos rotativos como preparación dos alimentos, alimentación e limpeza de tanques.

 

A que animais dá de comer?

Alimentamos as focas, os polbos, os peixes pallaso, os tiburóns e todos os demais animais do Acuario.

 

Como se chaman as focas?

Hai nove femias: Sabela, Antía, Lucía, Bine, Lara, Deneb, Vega, Paula e Petra. E hai tres machos: Hansy, Altair e Fermín.

 

Que tipo de peixe comen as focas?

Comen xarda, arenque, capelán e espadín.

 

Cal é o seu animal favorito no Acuario?

É unha foca chamada Lucía, que é moi sociable e divertida.

 

Cales son os tres animais máis perigosos do Acuario?

O tiburón touro Gastón, o peixe rocha e a corvina xigante do Nautilus.

 

Que come Gastón e que cantidade?

Come xarda, pescada e lura; cun peso total de catro quilos. Pero que come cando lle apetece.

 

Algún animal o atacou ou o lastimou no Acuario?

Non necesariamente atacado, pero si algunha vez toquei unha anémona no rostro e a foquiña Bine mordeume accidentalmente na man.



No hay comentarios:

Publicar un comentario