martes, 25 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Efrén Quiroga: “Non sabía eu que estivera tan apaixonado polo fútbol”

 


Efren Quiroga Tojero, ex xogador de fútbol, naceu no ano 1975. Actualmente ten 45 anos e xogou no equipo chamado Maravillas.

 

HUGO QUIROGA PEREIRA (1º ESO A)

 

Cando entrou no equipo chamado Maravillas?

Entrei no ano 1988. Xa quixera entrar antes, pero meus pais non me deixaron. Decían que só pensaba no fútbol e que tiña que estudar.

 

Por que lle interesou entrar no equipo?

Porque era o equipo do meu barrio. Ademais, tiña amigos que xa xogaban no equipo e as instalacións e o campo onde soiamos xogar estaban cerca da miña casa.

 

No equipo, en que posición xogabas?

Xogaba de defensa na banda esquerda, ou de central. Soiamos cambiarnos de posición dous xogadores.

 

Gustaríalle xogar noutra posición distinta?

Si, máis adiante, ás veces, xogaba máis arriba. Depende dos xogadores dispoñibles que tiña o entrenador. Alguha vez xoguei ata de dianteiro.

 

No seu equipo os seus compañeiros puxéronlle algún alcume?

Si, chamábanme Pepucho e, ás veces, para que fora máis curto, Pepu. A verdade é que non me importaba. Gustábame que me chamaran así.

 

No club erades os xustos ou un montón para xogar un partido?

Eramos xustos. Custaba encontrar nenos desa idade que quixeran xogar o fin de semana. Andaban a outras cousas. Ademais, para xogar os partidos tiñas que ter adestrado durante a semana e moitos nenos faltaban ós adestramentos.

 

Antes do Maravillas xogou nalgún outro equipo distinto?

Non, só xogara no equipo do colexio no que participábamos nun campionato entre distintas escolas, pero non estaba federado.

 

Con cantos anos marchou do equipo?

Deixei de xogar no Maravillas ós 15 anos. As circunstancias familiares non me deixaron seguir. Ademais, os estudos cada vez ocupábanme máis tempo.

 

Gustaríalle volver a xogar no equipo?

Si, aínda que agora non teño moito tempo e non sei se realmente podería compaxinar o traballo e a familia co fútbol.

 

Se tivera a oportunidade de elixir un equipo da súa época cal sería?

Elexiría o Vioño, que é outro equipo do barrio. Aínda que daquela había moita rivalidade entre os dous equipos.

 

E se fose un da actualidade?

Elexiria o Orillamar, porque xoga alí o meu fillo e sería bonito compartir a afección ó deporte con el.

 

Tiña un bo amigo no equipo ou amigos no equipo?

Si, o meu mellor amigo chamábase Marcos e xogaba na banda contraria. Despois de xogar, sempre quedabamos para facer outras cousas ou seguir xogando co balón os dous.

 

Que número tiña na camiseta?

Normalmente na camiseta levaba o número 3, aínda que en cada partido, antes de entregar as fichas ó arbitro, podías escoller outro. Ás veces, escollía o 5, pero a maioría dos partidos xogaba co 3.

 

Agora, na actualidade, que fai?

Xa non xogo ó fútbol, xogo ó padel e vou correr. Aínda que en poucas ocasións xa que o traballo non me permite ter moito tempo libre.

 

Gústalle ver os partidos de fútbol?

Si, o fin de semana vexo algún partido. Intento seguir o Deportivo da Coruña, aínda que nestos momentos non están a facelo moi ben.


No hay comentarios:

Publicar un comentario