lunes, 26 de abril de 2021

HOXE FALAMOS DE LIBROS CON... PAULINO PAIS

Hoxe traémosvos as recomendacións lectoras do noso compañeiro Paulino, profesor de Matemáticas na ESO e de Debuxo Técnico en Bacharelato. El pirata Garrapata, El último trabajo del señor Luna ou El desorden que dejas son só algúns dos títulos dos que nos fala este deborador de libros. Aquí vos deixamos con el:




1.O libro da túa infancia

El pirata Garrapata de Juan Muñoz Martín. Siempre me han gustado las historias de aventuras y ésta es de las primeras que disfruté en libro en vez de ver la historia en la televisión. Este libro representa sólo la primera de las aventuras de una serie de libros, lo cual hace que vayas conociendo a los personajes en distintos momentos.

 

2.Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar?

Actualmente, lo que más leo es novela negra y policiaca (o simplemente de intriga). Me encantan las historias en las que hay algún tipo de enigma (un personaje oculto, un malvado por identificar, etc).

También me gustan mucho los libros de curiosidades. Me refiero a libros que, por capítulos independientes, tratan temas curiosos de Matemáticas o Filosofía.

Entre el primer grupo destacaría libros como El salón de ámbar de Matilde Asensi, El último trabajo del señor Luna de César Mallorquí o La librera y el ladrón de Oliver Espinosa.

Entre los segundos me gustan especialmente Este libro no existe de Gary Haiden y Michael Picard y La sinfonía de Pitágoras de Vicente Meavilla.

 

3.Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías?

Pues creo que me quedaría con Nieves Abarca. Es una escritora coruñesa que usa nuestra ciudad como escenario en muchas de sus obras. Con todas las horas de investigación que ha debido de hacer para sus novelas, creo que podría descubrirme muchos datos interesantes de La Coruña.

 

4.O teu libro favorito

Me gustó mucho El desorden que dejas de Carlos Montero. Posiblemente sea mi favorito. Este libro fue Premio Primavera en 2016. Lo conocí por casualidad un día que, cansado de programas de política y actualidad, puse el “Sálvame” y Jorge Javier lo recomendó. A pesar de que este hombre no me cae especialmente bien, sé que es licenciado en Filología Hispánica y decidí ir a por el libro. Me enganchó desde el primer momento.

Trata de una profesora de instituto coruñesa que es destinada al pueblo natal de su marido. La plaza que ocupa es la de una joven profesora que había muerto en extrañas circunstancias. A partir de ahí, empiezan a surgir intrigas que intentará resolver y... ya no te cuento más.

 

5.Se tiveses o poder de convertirte nunha personaxe literaria, cal elixirías?

Aquí sí que ya sale mi vena freak. Claramente escogería a Zoro Rolonoa (o Zorro Ronoa en el anime) del manga One Piece.

Es uno de los protagonistas (no el principal) de una historia de aventuras fantásticas de piratas. Su habilidad especial se trata del manejo de tres espadas a la vez; una en cada mano y otra con la boca. Lo que me gusta es que esto lo consigue después de muchos años de entrenamiento desde su infancia y no por la exposición a algún elemento extraño.

 

6.Unha obra para tremer de medo

Pues cualquier periódico no deportivo. Puedes escoger el título que quieras. Por desgracia vende más lo trágico y las disputas que los avances científicos, la cultura, etc.

 

7.Un libro para escachar co riso

No soy muy fan de este tipo de libros. Recuerdo que, hace años, leí un cómic de Shin-chan que era bastante divertido. Pero ya te digo, no soy muy aficionado a este género.

 

8.Que supón para ti a lectura dun libro?

Pues un momento de desconexión con la realidad. Me relaja olvidarme por un momento de tanta pandemia, corrupción, disputas, etc. Tengo que destacar que sólo me gustan las historias en las que ganan los buenos y, por desgracia, esto ocurre más en los libros que en la vida real.

 

9.Lectura en papel ou dixital?

En papel sin ninguna duda. Para mí un libro no es sólo la historia que contiene. El formato, la encuadernación o el tipo de papel utilizado son aspectos que tengo muy en cuenta cuando leo un libro. Una encuadernación descuidada o una tipografía incómoda de leer puede arruinarme la lectura de un libro.

Las versiones digitales, en mi opinión, pierden gran parte del encanto.

 

10.Para despedirnos, uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase especialmente:

Pues hay una frase que no recuerdo de dónde la saqué pero que me gusta especialmente. Creo recordar que se trata de un proverbio chino. “Los dos guerreros más poderosos son la paciencia y el tiempo”.




ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

Dos xogos na rúa e “maquiniñas de marcianos” ao 4K

 


As novas tecnoloxías cambiaron totalmente a forma de divertirse dos rapaces. Javier Edreira Couceiro lembra cales eran os xogos da súa infancia. Serían semellantes aos de agora?

 

Roi Edreira Leis (1º ESO E)

 

A que xogabas de cativo?

Xogabamos a moitas cousas. Os nosos xogos basicamente desenvolvíanse na rúa entre todos os amigos.

 

Os xogos eran tradicionais galegos?

Pódese dicir que si, eran xogos basicamente populares. Eran xogos da rúa, na que xogaban todos os nenos con independencia dos barrios nos que vivisen.

 

Como eran eses xogos?

Pois mira, eran xogos que iamos improvisando por tempadas. Había unha tempada que nos adicabamonos a xogar sempre ó mesmo xogo. Nalgúns momentos eras as canicas, outros intres xogabamos pois ao trompo, outras veces ao ioió e despois xogabamos nun descampado que había detrás de onde viviamos todos. Alí xogabamos a distintos deportes, fundamentalmente ao fútbol, e despois, sobre todo no verán cando xa estabamos de vacacións, aproveitabamos o bo tempo e iamos andar en bicicleta. Dabamos voltas arredor do barrio, uns detrás doutros.

 

Quen poñía as regras?

Normalmente, como che explicaba antes, eran xogos populares nos que xa había unhas regras preestablecidas por transmisión entre as distintas xeracións de nenos. Normalmente non improvisabamos as regras.

 

E non discutiades?

Ás veces si. Sucedía igual que pode suceder agora. Pois había diferenzas ou xente que non sabía ás veces compartir nos xogos.

 

E cando xogabades na rúa, eran seguras?

Si, non había tanto coche como hai hoxe en día, nin había tanta circulación nas rúas. Como dixen anteriormente, no barrio no que crecín tiñamos un descampado na parte de atrás e iamos para alí. Faciamos con pedras as porterías, cando non tiñamos pedras, pois poñiamos xerseis, roupa ou botellas mesmamente para poder xogar. Claro, alí a vantaxe que tiñamos era que non había circulación. Tamén é verdade que tiñamos pequenos problemiñas, pero eran doutro tipo, eran os vecinos que saían ás ventás e berrábannos “estades a dar golpes na ventá co balón”. Outras veces o balón quedaba nos tendais de roupa e xa non volvía e dicíannos: “Voullo dicir ós vosos pais”.

 

Eran as rúas moi distintas a como son agora?

As rúas eran distintas. Non estaban urbanizadas do mesmo xeito que hoxe en día. As beirarrúas eran máis cativas, había máis baches, buracos e todo… Pero a zona onde eu vivía daquela sigue estando máis ou menos igual.

 

Non viades a televisión?

Si que viamos a tele pero non como a vemos hoxe. A tele, naquel momento, era moi distinta. Había unicamente dúas canles de televisión. Cando era máis pequeno só había a “Primeira” e a “Segunda”. Despois veu a TVG e xa de adolescente empezaron a aparecer as canles privadas, “Telecinco”, “Antena 3” e tamén “Canal +”, que tiña só unhas horas en aberto. Na televisión non había programas específicos para nenos como hoxe en día, nin canles temáticas.

 

Non existían os videoxogos?

Os videoxogos empezaron naquela época e os que chegamos a ter un ordenador pódese dicir que eramos uns privilexiados. Inicialmente tiñamos unhas maquiniñas pequenas “Nintendo” que eran pantallas fixas cun xogo fixo. As máquinas un pouco máis “sofisticadas” atopábanse nos salóns recreativos ou nos bares que cando iamos cos nosos pais nos daban cinco pesos, vinte e cinco pesetas, para gastalas naquelas máquinas. Despois empezaron a vir os ordenadores. Eu tiña algún xogo que para cargar lle levaba media hora e mentres cargaba tiña que estar esperando. Ía á casa dos meus amigos, ou eles á miña, e pasabamos alí o día xogando a videoxogos. Eran videoxogos moi rudimentarios e simples comparados cos de agora.

 

Ves moita diferenza entres os xogos de agora e os da túa época?

Totalmente. É dicir, había moitos que eran gráficos en branco e negro e tan só había que moverse cara ós lados esquivando por exemplo, “naves de marcianiños”. Os de agora son máis realistas, teñen unha historia e podes facer máis cousas.

 

E cales che gustan máis?

Son mellores os de agora, están máis desenvolvidos, permítenche máis participación. Pero para nós, aqueles xogos xa eran unha marabilla porque eran os primeiros. Ti pensa que no futuro haberá uns xogos mellores que os de agora e ti tamén dirás: “Cando eu empecei a xogar aos videoxogos eran unha porquería comparados cos de agora”. Pois é así a evolución da tecnoloxía.

 

Estas son as lembranzas de Javier Edreira sobre os seus xogos cando era neno, o que nos permite coñecer un pouco mellor como se divertía e pasaba o tempo cando tiña a nosa idade.

 


ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“A min gustaríame conseguir que os galegos e as galegas tivésemos un futuro moito máis esperanzador”

 


Profesora de lingua galega e literatura, escritora e deputada, Mercedes Queixas Zas ten claro que é unha docente vocacional que pode mellorar o noso sistema educativo e o futuro do pobo galego desde o Parlamento galego, do que forma parte.

 

Daniel García Lavandeira (1º ESO D)

 

Como profesora…

 

Que é o que máis botas de menos das aulas?

Este primeiro curso fóra das aulas o que máis estrañei foi a relación co alumnado, botei moito de menos as conversas, saber como ían levando este curso tan complexo por causa da pandemia, os resultados que van conseguindo… A verdade é que algunhas veces sentín que me faltaba algo no meu día a día.

Ah! Tamén estrañei o timbre!!!! Decateime do afeita que estou a organizar o meu traballo en sesións de 50 minutos!!!

 

Que prefires ensinar á parte de lingua e literatura galega?

O que máis me ten gustado impartir fóra das miñas materias é obradoiro de comunicación oral e escrita. É unha boa maneira de perfeccionar a expresión en galego dunha forma alternativa, lúdica, colaborativa, distendida… Permite traballar o coñecemento da nosa lingua propia dunha forma máis amena e sobre todo comunicativa.

Fóra do horario lectivo encántame facer parte do club de lectura con alumnado, profesorado, persoal non docente e familias. É algo que me acompañou durante os últimos 10 anos polo menos e paréceme unha actividade fundamental na formación complementaria e no reforzo da relación entre a comunidade educativa.

 

Cal consideras que foi o teu mellor profesor/a e que foi iso tan importante que che ensinou?

Coido que foron varios ao longo da vida. Vou destacar unha profesora de lingua e literatura galega que me deu clase no último curso no Instituto de Monelos, onde estudei. Explicaba moi ben e facía que caeses atrapada nas súas clases. Transmitía moita confianza e empatía. Con ela souben que quería ser tamén profesora de lingua e literatura galega. Un día, no final de curso, pregunteille que tiña que facer. Respondeume que tiña que estudar Filoloxía Galega e logo preparar as oposicións para ensino secundario. Así o fixen. Abriume o camiño. Estoulle moi agradecida porque sempre gocei moito da miña profesión. O ensino é a miña verdadeira vocación.

 

Como deputada…

 

Por que decidiches dedicarte á política?

Hai moitos anos que observo o que pasa ao meu arredor. Vexo moitas incoherencias e inxustizas. Eu acredito na igualdade, na equidade, mais as decisións que se toman desde a responsabilidade política non sempre me parecen que sexan respectuosas con eses principios.

Tamén defendo un mundo máis solidario, máis xusto, respectuoso coa diversidade das persoas, co equilibrio do medio ambiente; unha sociedade tolerante que non acepte que uns teñan que estar por riba dos outros nin que a vida das persoas teña que estar sometida ao poder do diñeiro.

Creo que podemos construír un mundo moito mellor con principios e valores máis humanísticos. Todo isto favorécese desde unha forma de gobernar ou outra. A min gustaríame conseguir que os galegos e as galegas tivésemos un futuro moito máis esperanzador. Somos un pobo milenario, sempre fomos un pobo rexo e traballador, cunha cultura inmensa e entre todos e todas temos que conseguir facelo aínda máis forte.

 

Cal é o teu compromiso con respecto á educación galega, que podes mellorar?

Nos últimos anos creo que o goberno galego non atendeu debidamente a escola pública galega. Comprobo cada día o deterioro de moitos centros de ensino. Creo que urxe devolver ao profesorado os dereitos que se lle foron suprimindo a nivel laboral e económico. É importante, moi importante, reducir as ratios. Non é posíbel unha atención educativa de calidade con aulas tan numerosas. Hai que atender a diversidade debidamente para avanzar cara á inclusión. Para min é fundamental tamén mudar programacións de contidos inmensos e metodoloxías pouco actuais que reforzan unha aprendizaxe memorística pouco aproveitábel.

A educación é un reto continuo que está en transformación permanente, ao igual que a sociedade, por iso debe ser unha profesión moi coidada por calquera goberno, porque é a nai de todas as profesións que desenvolverá no futuro inmediato o conxunto do alumnado.

 

Cres que pronto veremos a unha presidenta na Xunta de Galicia?

Eu creo que si. Pola miña parte farei todo o que poida, xunto con tantos compañeiros e compañeiras, co meu traballo para que así sexa xa en 2023 en que se celebrarán as próximas eleccións galegas.

 

Como escritora…

 

Que libro recomendarías ler aos/ás estudantes de 1º ESO e por que?

É difícil propoñer só un con tantos marabillosos como hai. Voume atrever con este co que me emocionei moito cando o lin por primeira vez: Lúa en Ningures, de Beatriz Maceda, unha escritora coruñesa. Tamén o leu o meu alumnado e compartimos unhas tertulias moi intensas e interesantes. A ver se vos gusta a vós tamén!!! Xa me contaredes!!!!

 

Cal é o teu libro favorito?

Esta pregunta é a máis difícil de todas!!!! Non podo dicir un só. Son moitísimos. Vou dicir o primeiro libro que lin en galego porque me marcou moitísimo cando era nena, xa que até ese momento pensaba que o galego era unha lingua que non se escribía. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Foi toda unha descuberta reveladora para min.

 

Que escritor/a che gustaría coñecer persoalmente?

Castelao. Tería unha longa conversa con el para que me axudase a construír o futuro que merecemos como pobo galego.

 

E, por último, se tiveses que elixir, con que prefires quedarte como profesora, escritora ou deputada?

Quedo coas tres porque nelas me vexo por igual. Ben, algo menos aínda como deputada porque é unha responsabilidade e un traballo máis recente, desde hai apenas seis meses, mais procuro aprender día a día todo o máis rápido que podo grazas á axuda dos meus colegas do grupo parlamentario.

Como escritora sempre aprendín moitísimo do meu alumnado. Como escritora tamén porque me acheguei a moita documentación que me fixo ser unha persoa máis completa. E como deputada aprendo moito, en contacto con moitas persoas que nos trasladan as súas problemáticas, co que podo dicir que teño os pés na terra máis que nunca e a esperanza de contribuír á súa resolución como representante do pobo no Parlamento galego.

 

Mercedes é unha gran persoa preocupada polo pobo galego e traballa día a día para conseguir un futuro mellor para todos/as os/as galegas. Agradecémoslle a súa amabilidade e as súas palabras nesta entrevista.

 

Nove cousas máis sobre Mercedes Queixas

 

A túa cor: son dúas… branca e negra.

O teu postre: a torta de améndoa da miña filla.

O teu libro: Sempre en Galiza, de Castelao.

A túa canción: Matriarcas, de Guadi Galego.

O teu deporte: camiñar pola beiramar coruñesa (é deporte?)

O teu animal: a andoriña.

A túa serie: Borge.

A túa película: On.

O teu xogo: un sudoku.



viernes, 23 de abril de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“A música é a miña paixón”


David Vázquez, músico e compositor.

 

Iván Arias Vázquez (1º ESO D)

 

A que idade mostraches interese pola música?

Polo que conta a miña familia, dende moi pequeno, con dous ou tres anos. Cando tiña cinco e vin a película Jurassic Park no cine, non só namorei dos dinosauros, senón tamén da música do filme. Logo comecei a escoitar álbums que tiñan miña nai e miña tía na casa e fascinábanme.

 

Cal é o tipo de música que che gustaba de pequeno?

Escoitaba, sobre todo, rock e pop. Recordo escoitar moito e mercar álbums de Bryan

Adams, pero tamén doutros artistas como Michael Jackson ou George Michael.

 

Cal é o instrumento que máis che gusta e por que?

Se tivera que escoller un, quedaría coa guitarra, xa que é o que levo tocando máis de media vida. Gústame porque é un instrumento moi versátil, pódese tocar algo fermoso e  delicado con ela, experimentar con efectos ou expresar emocións máis viscerais cando se toca con distorsión.

 

Que tipo de música che gusta compoñer e por que?

Gústame compoñer música instrumental que alimente e axude a expresar o que acontece a nivel visual; por exemplo, música para películas ou series, normalmente dentro do xénero ambiente. Por outra banda, tamén me gusta compoñer cancións con letra; neste caso, os xéneros que adoito facer son rock electrónico, trip hop ou darkwave.

 

Por que decidiches compoñer a música en inglés e non en galego ou castelán?

Boa pregunta. Basicamente, por tres motivos. O primeiro, porque a inmensa maioría das miñas influencias son de Estados Unidos ou do Reino Unido. Segundo, porque o inglés ten unha sonoridade e textura que non atopo noutro idioma, alomenos para a miña música. E o terceiro punto, para min o máis importante, é que non ten relevancia a lingua na que se fai a música como arte que é, o único importante é a expresión en si e non o vehículo no que se fai. Ao final, a lingua é un código.

 

Cales foron os teus estudos nesta materia?

Ningún, salvo a asignatura da escola en Primaria. Máis tarde, estudei o Ciclo Superior en Son e aprendín o aspecto técnico do mesmo, que me levou a converterme en produtor.

 

Cantos discos fixeches ata agora?

Contando todas as formacións das que fun parte, saquei sete álbums ata o momento, sen contar singles ou bandas sonoras.

 

Cal foi o nome do teu primeiro disco e en que ano saíu?

O primeiro álbum que saquei foi About Mirrors, co meu grupo LED, que publicamos entre 2009 e 2011. Se falamos da miña música en solitario, sería Shelter, no 2012.

 

Cal é o teu disco favorito e por que motivo?

Como artista, resúltame moi difícil escoller un só traballo. Cada álbum simboliza unha etapa e as emocións contidas na mesma, un reflexo dese momento. Pero quizais me quedo con Shelter, o meu primeiro álbum en solitario, xa que foi o primeiro traballo que producín eu só e sentín moita liberdade e satisfacción ao facelo.

 

Cales foron as túas cancións máis importantes e por que?

Ao igual que na pregunta anterior, é moi complicado escoller, xa que cada canción expresa un tema ou unha emoción que saíron de min porque eu precisaba canalizalas. Sería moito máis sinxelo escoller cancións de outros. Pero vou elixir os meus temas ‘Belong’, ‘Everywhere but Here’ e ‘Lavender Sky’ polo que expresan na súa textura e, no caso de ‘Belong’, tamén nas letras.

 

Por que lles chamaches así?

Cada tema ten unha historia interna profunda, xa que adoito pensar moito no mesmo, no propio son, na súa relación co título e, no caso de ter letras, con elas. Emprego moitas metáforas, xa que non son explícito na miña música. Por poñer un exemplo, ‘Belong’ é un tema que trata sobre a identidade, o noso lugar no mundo, a onde pertencemos.

 

Recibiches algún premio pola música? Onde?

Si. No 2014, recibín un premio internacional tras gañar un concurso de composición da Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia. Recibino por unha banda sonora que fixen para o planetario do Hemisfèric.

 

Foi importante para ti?

Sen dúbida. Sempre quixera facer música para producións audiovisuais e, neste caso, mesturábanse dúas cousas que me apaixoan (a música e a cosmoloxía), polo que me presentei sen dubidalo. Non só foi importante a ese nivel, senón tamén para darme conta de que podía facer bandas sonoras e dedicarme a iso, xa que era a primeira banda sonora que facía.

 

Fixeches algunha colaboración con outros artistas?

Si. A colaboración máis notoria foi a que fixen con Yellow Belly, artista australiana do Reino Unido. É incrible que facendo temas xuntos a través de internet acadásemos saír na BBC Radio e que licenciaran un tema noso para unha serie de ámbito mundial.

 

Onde fixeches concertos? En que localidade?

Fixen bastantes concertos se contamos os que dei coas miñas primeiras bandas. Tocamos en múltiples locais da Coruña, Santiago, Pontevedra, no Grove, en Ourense, nun festival en Oleiros… Probablemente, o concerto máis especial que fixen foi coa miña compañeira Yellow Belly na Sala Nautilus do Aquarium Finisterrae da Coruña, rodeados de peixes e quenllas.

 

Cales son os teus proxectos neste momento?

Estou a producir o meu terceiro álbum en solitario, o cal espero publicar este ano. A maiores, estou facendo música para producións audiovisuais e preparando varias colaboracións con artistas de todo o planeta.

 

Desexámosche moita sorte neste novo proxecto e que sigas acadando moitos éxitos no teu futuro profesional.



ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Unha nena tola polos animais


Sara é unha nena de 11 anos de Lorbé, unha pequena aldea preto da Coruña. Agora mesmo esta cursando 6º de EPO.

 

Uxía Losada Orro (1º ESO C)

 

Por que che gustan os animais?

Os animais gústanme por moitas razóns, pero a que me parece máis importante é que fan máis por nós do que cremos.

 

Pódesnos dar un exemplo do animal que máis faga por nós?

Si, por exemplo, as abellas. Se elas non existsen, non habería polinización e as plantas non poderían reproducirse.

 

Sara, ti tes algún animal preferido?

Non, todos os animais son os meus favoritos. Uns abrazaríaos máis que outros pero todos son os meus favoritos.

 

Cal e a túa raza preferida de can?

O labrador retriever.

 

Que opinas da xente que abandona animais?

Opino que son persoas incomprensibles e non saben valorar a vida dun ser vivo.

 

De maior vas querer dedicarte ós animais?

Si, vou querer ser veterinaria e poder salvar a vida de moitos animais aínda que tamén haberá moitos que non poida salvar.

 

Doaches alimentos ou diñeiro a algunha asociación?

Si, varias veces. Unha delas é a Agrupación SOS Pelines.

 

Que cres que lle falta ós animais?

Dereitos como os das persoas. Por exemplo, se ti matas a calquera animal, non hai unha condena como se ti matas a unha persoa, e non entendo porqué.

 

Sabes algún animal que non coñezamos?

O demonio de Tasmania.

 

A onde che gustaría viaxar para coñecer animais?

Gustaríame viaxar a África porque é un lugar moi exótico e hai moitos animais que non coñezo.

 

Que animal queres coñecer?

Quero coñecer a Gran Barreira de Coral, que é o animal máis longo do planeta.

 

Tes animais?

Si, teño dous cans. Un é un cachorro de labrador, que se chama Turrón, e outro chámase Oreo, é un cruce e ten un ano.

 

Gústanche os zoolóxicos?

Non estou a favor, porque imaxina que ti estás no teu hábitat e veñen unhas persoas e lévante a un novo clima e lugar durante toda a súa vida.

 

Cal é o animal que menos che gusta?

Sinceramente, todos os animais me gustan. Todos teñen a súa maneira propia de ser. Poden parecer feos ou asquerosos, pero se os miras ben, son fermosos e podemos aprender moito deles.

 

Ti cres que os animais teñen sentimentos?

Non o creo, afírmoo. Moitos estudos citan esta pregunta e os veterinarios e demais especialistas sempre din a mesma resposta “Si, teñen sentimentos”.

 

Así é Sara unha nena que está tola polos animais e unha futura veterinaria en Galicia.



jueves, 22 de abril de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

“Nunca pensei que botaría tanto en falta ir á escola”

 


Laura Sanchís Sánchez é unha alumna de 3º  ESO do CPR  Fogar de Santa Margarida que non pode asistir ás clases por culpa do Covid 19. A súa irmá é de alto risco e deben ter un relativo illamento social para manter protexido o núcleo familiar.

Paula Sanchís Sánchez (1º ESO C)


Cóntame, por que este curso é máis especial para ti?

Verás, penso que este curso é diferente para tódolos rapaces e rapazas, pero no meu caso faise máis especial xa que a miña irmá é unha persoa (como moitas máis) de alto risco ao Covid 19. Isto obrigou a que os nosos pais pediran para nós a atención educativa domiciliaria.


Que ano estás cursando?

3º da ESO.


Como estás levando o curso pola túa situación?

Lévoo ben. O primeiro trimestre empeceino indo á escola, pero o segundo, tal e como empeorou a situación, tiven que quedar na casa. A verdade, paseino mal ao principio, porque tiña moito medo de poder contaxiar na casa. Dende que estou na casa, estou máis tranquila por iso. Tamén hei de dicir que nunca pensei que botaría tanto en falta non ir á escola.


Supoño que botarás de menos os teus compañeiros, non si?

Si, bastante. Dende o mes de decembro do 2020 non os volvín a ver en persoa, só por videochamadas.


Como estudas e traballas dende a casa?

Pois a principio de semana tódolos profesores me envían as tarefas para facer ao longo da mesma e devolvelas feitas os venres.


Tes contacto cos compañeiros?

Non presencial, pero por chamadas e videochamadas, si. Tanto coas miñas amigas máis cercanas, como cos compañeiros da clase que sempre están dispostos para enviarme o que precise: apuntes, correcións... Nestas situacións descubres que podes contar con xente que nin o imaxinabas.


Que é o que máis botas de menos en xeral?

Poder quedar coas miñas amigas e viaxar coa miña familia.


Lembras cal foi a última viaxe que fixeches?

Si. Foi pouco antes de que se decretara o estado de alarma. Fun a Vigo polo Nadal. Vimos a cabalgata dos Reis, vímo-la neve no parque da Alameda, pásamolo xenial!


Que é o que máis che gusta facer no tempo libre?

Ademais de quedar coas miñas amigas, gústame moito facer rutas de sendeirismo. Ultimamente é o que máis facemos pola situación e afeccioneime.


Que rutas das últimas que descubriches recomendarías?

A verdade é que casi todas. É unha maneira de andar ao aire libre sen risco, non hai moita xente, respírase aire puro, e a verdade Galicia ten unhas paisaxes moi bonitas. A min gustáronme moito: O Camiño dos Faros (Malpica de Bergantiños), a Ruta da Punta Insua (Laxe), Ruta do Río Sisalde (Arteixo) e o Paseo Fluvial do Rego das Xesteiras (Culleredo).


Que esperas do vindeiro curso?

Oxalá esta situación mellore e poida ir á escola sen risco, tanto eu como a miña irmá como calquera rapaz e rapaza que se atope na mesma situación.

 

Laura Sanchís está levando o mellor posible esta situación que afecta a moítisima xente e busca o lado positivo e a maneira de desfrutar cada día a pesar da situación.

 


ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“A mestra que rematou sendo economista”

 


Nuria, de pequena, quería ser profesora, pero unha materia fíxolle cambiar de opinión e estudar Ciencias Empresariais. Mentres estudaba, traballou con nenos, como ela sempre quixo desde pequena. Despois de estudar, atopou un traballo pero comezou como bolseira e agora traballa na mesma oficina. A ela encántalle o seu traballo, e malia que quería ser profesora, fixo unha boa elección.

Alba Prado Crego (1º ESO E)


De pequena querías ser empresaria ou algunha outra profesión?

A verdade é que de pequena me encantaba iso de ensinar aos nenos e por iso me gustaba o de ser mestra nun colexio.


Entón, por que cambiaches a túa opinión?

Gustábame o de ser maestra, pero en Bacharelato cambiei de opinión porque tiven unha materia chamada Economía de Empresa na que estudaba o funcionamento económico dunha empresa.


Cantos anos estudaches e que carreira, como se chama?

Estudei unha carreira de catro anos que se chama Grao en Ciencias Empresariais na que estudei contabilidade, matemáticas, dereito, estatística, márketing, fiscal e moitas outras materias para adquirir os coñecementos necesarios para poder traballar nunha empresa.


Á raíz da pregunta anterior, mentres estudabas tiñas algún traballo á parte?

Pois si, eu traballei en varios sitios. Estiven como profesora de distintas actividades extraescolares, estiven traballando como monitora de campamentos e tamén houbo unha temporadiña que traballei como axudante en comedores de colexio, etc.


Despois, fuches bolseira, non? Canto tempo?

Si, eu estiven traballando como becaria un ano enteiro.


Que facias traballando como bolseira?

Eu traballaba facendo a contabilidade das empresas para controlar os seus ingresos e gastos e os labores administrativos; é dicir, arquivar papeis, facer cartas, contestar as chamadas do teléfono da empresa, etc.


Cambia moito o traballo como bolseira ó que fas agora?

Non, non, a verdade é que é practicamente o mesmo: facer a contabilidade e os labores administrativos.


Como foi a experiencia de traballar así con nenos?

Esa experiencia gustoume un motón!!! Pasábao moi ben. Divertíame moito. Aínda que, á parte diso, deume moita soltura ter traballado con nenos cara ó futuro.


Que é o que máis che chamaba do traballo que ti elixiches?

O que máis me chamaba dese traballo era poder entender os números das empresas; é dicir, estudar os ingresos e os gastos das empresas.


Gustaríache decidir outra cousa?

Non, que va, a min gústame o que decidín e non o cambiaría. Estou moi contenta.


E gústache o que fas, ó que te dedicas?

Sii!!! Encántame o que fago!!!

 

Así é a vida cotiá de Nuria, traballando nunha empresa na que xa estivera traballando como bolseira.