viernes, 23 de abril de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Unha nena tola polos animais


Sara é unha nena de 11 anos de Lorbé, unha pequena aldea preto da Coruña. Agora mesmo esta cursando 6º de EPO.

 

Uxía Losada Orro (1º ESO C)

 

Por que che gustan os animais?

Os animais gústanme por moitas razóns, pero a que me parece máis importante é que fan máis por nós do que cremos.

 

Pódesnos dar un exemplo do animal que máis faga por nós?

Si, por exemplo, as abellas. Se elas non existsen, non habería polinización e as plantas non poderían reproducirse.

 

Sara, ti tes algún animal preferido?

Non, todos os animais son os meus favoritos. Uns abrazaríaos máis que outros pero todos son os meus favoritos.

 

Cal e a túa raza preferida de can?

O labrador retriever.

 

Que opinas da xente que abandona animais?

Opino que son persoas incomprensibles e non saben valorar a vida dun ser vivo.

 

De maior vas querer dedicarte ós animais?

Si, vou querer ser veterinaria e poder salvar a vida de moitos animais aínda que tamén haberá moitos que non poida salvar.

 

Doaches alimentos ou diñeiro a algunha asociación?

Si, varias veces. Unha delas é a Agrupación SOS Pelines.

 

Que cres que lle falta ós animais?

Dereitos como os das persoas. Por exemplo, se ti matas a calquera animal, non hai unha condena como se ti matas a unha persoa, e non entendo porqué.

 

Sabes algún animal que non coñezamos?

O demonio de Tasmania.

 

A onde che gustaría viaxar para coñecer animais?

Gustaríame viaxar a África porque é un lugar moi exótico e hai moitos animais que non coñezo.

 

Que animal queres coñecer?

Quero coñecer a Gran Barreira de Coral, que é o animal máis longo do planeta.

 

Tes animais?

Si, teño dous cans. Un é un cachorro de labrador, que se chama Turrón, e outro chámase Oreo, é un cruce e ten un ano.

 

Gústanche os zoolóxicos?

Non estou a favor, porque imaxina que ti estás no teu hábitat e veñen unhas persoas e lévante a un novo clima e lugar durante toda a súa vida.

 

Cal é o animal que menos che gusta?

Sinceramente, todos os animais me gustan. Todos teñen a súa maneira propia de ser. Poden parecer feos ou asquerosos, pero se os miras ben, son fermosos e podemos aprender moito deles.

 

Ti cres que os animais teñen sentimentos?

Non o creo, afírmoo. Moitos estudos citan esta pregunta e os veterinarios e demais especialistas sempre din a mesma resposta “Si, teñen sentimentos”.

 

Así é Sara unha nena que está tola polos animais e unha futura veterinaria en Galicia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario