jueves, 22 de abril de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

“Nunca pensei que botaría tanto en falta ir á escola”

 


Laura Sanchís Sánchez é unha alumna de 3º  ESO do CPR  Fogar de Santa Margarida que non pode asistir ás clases por culpa do Covid 19. A súa irmá é de alto risco e deben ter un relativo illamento social para manter protexido o núcleo familiar.

Paula Sanchís Sánchez (1º ESO C)


Cóntame, por que este curso é máis especial para ti?

Verás, penso que este curso é diferente para tódolos rapaces e rapazas, pero no meu caso faise máis especial xa que a miña irmá é unha persoa (como moitas máis) de alto risco ao Covid 19. Isto obrigou a que os nosos pais pediran para nós a atención educativa domiciliaria.


Que ano estás cursando?

3º da ESO.


Como estás levando o curso pola túa situación?

Lévoo ben. O primeiro trimestre empeceino indo á escola, pero o segundo, tal e como empeorou a situación, tiven que quedar na casa. A verdade, paseino mal ao principio, porque tiña moito medo de poder contaxiar na casa. Dende que estou na casa, estou máis tranquila por iso. Tamén hei de dicir que nunca pensei que botaría tanto en falta non ir á escola.


Supoño que botarás de menos os teus compañeiros, non si?

Si, bastante. Dende o mes de decembro do 2020 non os volvín a ver en persoa, só por videochamadas.


Como estudas e traballas dende a casa?

Pois a principio de semana tódolos profesores me envían as tarefas para facer ao longo da mesma e devolvelas feitas os venres.


Tes contacto cos compañeiros?

Non presencial, pero por chamadas e videochamadas, si. Tanto coas miñas amigas máis cercanas, como cos compañeiros da clase que sempre están dispostos para enviarme o que precise: apuntes, correcións... Nestas situacións descubres que podes contar con xente que nin o imaxinabas.


Que é o que máis botas de menos en xeral?

Poder quedar coas miñas amigas e viaxar coa miña familia.


Lembras cal foi a última viaxe que fixeches?

Si. Foi pouco antes de que se decretara o estado de alarma. Fun a Vigo polo Nadal. Vimos a cabalgata dos Reis, vímo-la neve no parque da Alameda, pásamolo xenial!


Que é o que máis che gusta facer no tempo libre?

Ademais de quedar coas miñas amigas, gústame moito facer rutas de sendeirismo. Ultimamente é o que máis facemos pola situación e afeccioneime.


Que rutas das últimas que descubriches recomendarías?

A verdade é que casi todas. É unha maneira de andar ao aire libre sen risco, non hai moita xente, respírase aire puro, e a verdade Galicia ten unhas paisaxes moi bonitas. A min gustáronme moito: O Camiño dos Faros (Malpica de Bergantiños), a Ruta da Punta Insua (Laxe), Ruta do Río Sisalde (Arteixo) e o Paseo Fluvial do Rego das Xesteiras (Culleredo).


Que esperas do vindeiro curso?

Oxalá esta situación mellore e poida ir á escola sen risco, tanto eu como a miña irmá como calquera rapaz e rapaza que se atope na mesma situación.

 

Laura Sanchís está levando o mellor posible esta situación que afecta a moítisima xente e busca o lado positivo e a maneira de desfrutar cada día a pesar da situación.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario