jueves, 22 de abril de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“A mestra que rematou sendo economista”

 


Nuria, de pequena, quería ser profesora, pero unha materia fíxolle cambiar de opinión e estudar Ciencias Empresariais. Mentres estudaba, traballou con nenos, como ela sempre quixo desde pequena. Despois de estudar, atopou un traballo pero comezou como bolseira e agora traballa na mesma oficina. A ela encántalle o seu traballo, e malia que quería ser profesora, fixo unha boa elección.

Alba Prado Crego (1º ESO E)


De pequena querías ser empresaria ou algunha outra profesión?

A verdade é que de pequena me encantaba iso de ensinar aos nenos e por iso me gustaba o de ser mestra nun colexio.


Entón, por que cambiaches a túa opinión?

Gustábame o de ser maestra, pero en Bacharelato cambiei de opinión porque tiven unha materia chamada Economía de Empresa na que estudaba o funcionamento económico dunha empresa.


Cantos anos estudaches e que carreira, como se chama?

Estudei unha carreira de catro anos que se chama Grao en Ciencias Empresariais na que estudei contabilidade, matemáticas, dereito, estatística, márketing, fiscal e moitas outras materias para adquirir os coñecementos necesarios para poder traballar nunha empresa.


Á raíz da pregunta anterior, mentres estudabas tiñas algún traballo á parte?

Pois si, eu traballei en varios sitios. Estiven como profesora de distintas actividades extraescolares, estiven traballando como monitora de campamentos e tamén houbo unha temporadiña que traballei como axudante en comedores de colexio, etc.


Despois, fuches bolseira, non? Canto tempo?

Si, eu estiven traballando como becaria un ano enteiro.


Que facias traballando como bolseira?

Eu traballaba facendo a contabilidade das empresas para controlar os seus ingresos e gastos e os labores administrativos; é dicir, arquivar papeis, facer cartas, contestar as chamadas do teléfono da empresa, etc.


Cambia moito o traballo como bolseira ó que fas agora?

Non, non, a verdade é que é practicamente o mesmo: facer a contabilidade e os labores administrativos.


Como foi a experiencia de traballar así con nenos?

Esa experiencia gustoume un motón!!! Pasábao moi ben. Divertíame moito. Aínda que, á parte diso, deume moita soltura ter traballado con nenos cara ó futuro.


Que é o que máis che chamaba do traballo que ti elixiches?

O que máis me chamaba dese traballo era poder entender os números das empresas; é dicir, estudar os ingresos e os gastos das empresas.


Gustaríache decidir outra cousa?

Non, que va, a min gústame o que decidín e non o cambiaría. Estou moi contenta.


E gústache o que fas, ó que te dedicas?

Sii!!! Encántame o que fago!!!

 

Así é a vida cotiá de Nuria, traballando nunha empresa na que xa estivera traballando como bolseira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario