Estes días, na biblioteca, pasounos algo extraordinario! Visitounos Raquel, nai de Samantha (3ºC de Primaria), subiunos no seu avión e levounos voando e voando até unha terra tan lonxana como fermosa: Venezuela, o seu páis de orixe.
Raquel falounos de moitas cousas. Lembrounos que Venezuela está situada en América do Sur, que limita con Colombia, co inmenso Brasil, coa Guyana e co Mar Caribe e o Océano Atlántico.
E tamén nos ensinou a capital do país, Caracas, unha cidade moi verde, cuns xardíns marabillosos.
Con Raquel e Samantha quedamos impresionados coa beleza do Amazonas, das praias venezolanas e, especialmente, do Salto Ángel, o salto de auga máis alto do mundo, cunha altura de 979 metros, situado no Parque Nacional Canaima, no estado de Bolívar:
E tamén coñecemos diferentes aspectos da cultura venezolana, como a gastronomía, os diferentes bailes tradicionais, entre os cales nos gustou especialmente o joropo, e os instrumentos musicais máis típicos de Venezuela, como o cuatro, as maracas, a arpa e a bandola.
CUATRO |
MARACAS |
ARPA |
BANDOLA |
Raquel, desde o Fogar queremos agradecerche enormemente o tempo que nos dedicaches e, sobre todo, a amabilidade e cercanía que amosaches durante o encontro. Os nenos desrutaron ao grande con esta viaxe! Sen dúbida o mellor embaixador de Venezuela é un sorriso tan sincero como o teu. Grazas por ensinarnos Venezuela e, especialmente, grazas por deixar que te coñezamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario