lunes, 28 de noviembre de 2016

CON CANDELA E INÉS... COÑECEMOS A AGATHA CHRISTIE

A pasada semana, na biblioteca, vivimos unha sesión moi especial, protagonizada por Candela e Inés, alumnas de 5ºC, que achegaron as nenas e os nenos de 4ºC de Primaria a unha figura fundamental dentro da literatura policiaca: Agatha Christie.



No noso empeño por poñer en valor o papel da muller na sociedade e na historia, non podiamos esquecer a escritora máis lida de todos os tempos, cuxas obras foron traducidas a máis de cen idiomas, e cuxo libro Dez negriños, é unha das dez obras máis lidas da historia.



Como podedes ver, Inés e Candela viñeron vestidas para a ocasión. Aquí as tedes agardando pola chegada dos alumnos de 4ºC:



Con estas dúas contacontos de primeira nos mergullamos no mundo de Agatha Christie, e así puidemos coñecer algunhas das grandes personaxes creadas por esta mestra da literatura policiaca, como Hercules Poirot ou Miss Marple. 





Nesta incursión pola vida e a obra de Agatha nos foi dunha enorme axuda o libro de Alba Editorial dedicada a esta figura (incluida nunha das nosas coleccións de referencia:"Pequeña y GRANDE"), o cal Inés e Candela leron aos rapaces de 4ºC.



E logo da lectura, chegou o momento das preguntas, dos acertixos e dos misterios, que os nenos e as nenas de 4ºC tiveron que resolver empregando todas as súas armas de detectives:









Aquí os vedes intentando resolver un dos misterios. En que lugar da biblioteca se atoparía a solución?



Desde o blog queremos darvos as grazas, Candela e Inés, pola sesión que nos regalastes. Grazas, tamén, por todo o traballo previo que realizastes. Estamos moi orgullosos de vós!



No hay comentarios:

Publicar un comentario