O Nadal está a piques de chegar, e con el tamén vén o Apalpador, ese xigante de oficio carboeiro, que vive nas devesas do Caurel, e que coa súa barba rubia baixa na noite do 24 de decembro até as aldeas, para achegarse aos nenos e ás nenas mentres están a durmir. O Apalpador apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados, e logo de desexarlles que no vindeiro ano non pasen fame, marcha deixándolles unha presa de castañas.
Para falarnos desta figura, ninguén mellor que Xoán González, xornalista e escritor, autor de varios libros sobre o Apalpador, e que a semana que vén visitará a biblioteca do Fogar para achegarnos a este xigante do Caurel.
Con Xoán González leremos os seus contos: O Apalpador (Biblos).
E O Apalpador e a castaña máxica (Biblos).
Os contos do Apalpador xa están ao voso dispor na biblioteca do Fogar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario