Hoxe rematou o I Concurso de Cabazas en Educación Infantil e a participación das familias foi abraiante. Por esta razón, desde o Plan Lector, queremos darvos as grazas. Grazas por implicarvos sempre neste tipo de actividades. Esta mañá, así de bonita estaba a entrada a Infantil, que se converteu nun espazo polo que foron pasando moitos dos grupos dos outros niveis para ver as terrorificamente fermosas creacións que elaborastes cos vosos fillos.
Ao longo da xornada os axudantes de biblioteca de 1º e 3º da ESO foron visitando aos diferentes grupos para felicitalos polo seu esforzo na elaboración das cabazas. Cada grupo recibiu como agasallo un libro para a súa biblioteca de aula.
E aínda que a decisión foi moi complicada debido á calidade das cabazas presentadas por todos os grupos, finalmente foron os Puritos os que recibiron o 1º premio grazas á orixinalidade e cantidade de cabazas que presentaron ao concurso.
Aquí vos deixamos unha mostra das terroríficas cabazas que foron chegando ao longo destes días:
E para despedirnos ímosvos contar un segredo: a sona das cabazas do Fogar, tan terrorificamente fermosas, chegou aos oídos dunha bruxiña, que agora quere pasar pola biblioteca do cole para coñecer os pícaros de Infantil. En breve vos contaremos máis sobre esta cuestión...
FELIZ SAMAÍN, FAMILIAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario