Logo de falar de libros con Cristina Prego Fraga, hoxe traemos a outra apaixonada da lectura: a nosa compañeira Ana Martínez, profesora de 1º de Primaria e unha verdadeira experta en contos para traballar as emocións. Non perdades os títulos que nos recomenda: entre eles atoparedes poesía, misterio, álbum ilustrado..., e algunhas das autoras que máis nos gustan, como Érica Esmorís ou Gloria Fuertes. Aquí vos deixamos con Ana:
1.O libro da túa
infancia…
Recordo andar sempre cun libro de Candy Candy na man, ata durmía con el.
O misterio das badaladas de
Xabier Docampo foi un libro que me marcou moito de nena.
Poemas de la Oca Loca e ¡Viva el mundo al revés! de Gloria Fuertes.
2.Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar?
Gústanme especialmente os contos
e a literatura infantil. Contos que serven para traballar diferentes emocións
ou situación cos máis pequenos e pequenas.
Gústanme moito a narrativa de
Elsa Punset e os seus contos para nenos. Tamén Dolores Redondo coas súas
novelas de intriga e misterio. Tamén a novela romántica.
3.Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías?
Encantaríame coñecer a Gloria
Fuertes e Paula Carballeira. A primeira por ser unha autora
que me encanta e a través da que aprendín a rimar. E a segunda porque é unha
contacontos estupenda e as súas historias son súper amenas e divertidas.
4.O teu libro favorito…
Libros favoritos teño moitos,
sobre todo contos para ler aos nenos.
Así es la vida de Ana-Luisa
Ramírez e Carmen Ramírez.
Adiviña canto te quero de Sam
McBratney.
Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto e Chinto.
Poemas de la Oca Loca de Gloria
Fuertes.
5.Se tiveses o poder de converterte nunha personaxe literaria, cal
elixirías?
Gustaríame ser Amabel, a
protagonista do libro El poder de Amabel de Érica Esmorís.
Gústame porque nos ensina que
todos temos un superpoder, só temos que atopalo.
6.Unha obra para tremer de medo…
Trilogía de Baztán de Dolores
Redondo. Tras o achado dun cadáver seguimos as pistas para descubrir o culpable
dos homicidios que se van sucedendo.
7.Un libro para escachar co riso…
A toupiña que quería saber quen
lle fixera aquilo na cabeza! de Werner Holzwarth.
8.Que supón para ti a lectura dun libro?
Unha aventura nova para descubrir
e coa que pasar un bo momento dedicado a un mesmo.
9.Lectura en papel ou dixital?
Prefiro a lectura en papel e
saber canto falta para rematar.
10.Para despedirnos, uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún
libro e que che gustase especialmente:
Si esos dos no se hubieran llevado tan bien…
Yo no sería quien soy.
Había una única posibilidad entre millones de que todo
ocurriera así…
Pensándolo bien:
¡Que suerte la mía!
(¡Qué suerte la mía!, de Sandrine Beau)
No hay comentarios:
Publicar un comentario