Hoxe traémosvos as recomendacións literarias de William Goicochea, un dos pais máis activos nas actividades da biblioteca do noso colexio. Moitas grazas, Willi, por participar unha vez máis nestas iniciativas! Aquí vos deixamos con el:
1.O libro da túa infancia…
A volta ao mundo en 80 días de Xulio Verne: trata dun home poderoso de clase social
alta, Phileas Fogg, que coa excusa dun roubo ao banco de Londres embárcase nunha
aposta cos seus colegas do club ao que pertencen, na que discute sobre o destino
do ladrón e que a Terra nese momento é máis pequena e que pode dar a volta ao
mundo en 80 días. Phileas deu a volta ao mundo facendo uso dos medios de
transporte que existían a mediados do século XIX.
Espertou a miña imaxinación de vivir aquelas aventuras de
Phileas Fogg , de viaxar polo mundo coma el, desfrutando da vida feita unha
aventura.
Yo visité Ganímedes de Yosip Ibrahim: Pepe sofre un secuestro no seu xardín por parte dun OVNI, que o traslada a Ganímedes, un lugar moi avanzado en comparación coa Terra. Calquera cidadán de Ganímedes podería considerarse un deus na Terra, pola súa intelixencia superior, e polo nivel de desenvolvemento social e tecnolóxico en Ganímedes.
Aquela viaxe transportoume cara a ese mundo extraterrestre.
Desde ese momento véxoos, búscoos e creo na súa existencia, ou polo menos creoume
a dúbida.
2.Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar?
Novela fantástica: gústame porque aínda conservo esa mentalidade de neno que me transporta a ese mundo de fantasía onde existen problemas reais con solución fantásticas. Exemplo: O Señor dos Aneis.
Novela de aventuras: porque me divirten e me entreteñen. Exemplo: O Conde de Montecristo, Cairo branco...
Traxedia: gústame pola intriga que me provoca e que me leva a procurar respostas e solucións antes de terminar o libro. Tamén pola sorpresa dos eventos. Exemplo: O Rey Lear, Bodas de sangre...
Novela de misterio e suspense: porque me poño en primeira persoa. Viaxo xunto o protagonista desfrutando e sufrindo na trama que desenvolve. Exemplo: El códido Da Vinci, El asesinato de Pitágoras...
Cómic: son entretidos, moi gráficos e con superpoderes. Resolven todos os problemas que se lles presentan de forma cómica, de lectura fácil e con imaxes que che axudan a contextualizar máis do que está escrito. Exemplo: Superman, Batman, Kaliman (o mellor cómic de todos os tempos)...
Autoaxuda: gústanme porque están ateigados de filosofía de pensamento, profundidade na procura de obxetivos, planificación e organización individual, familiar e social contado a través de historias particulares con grandes ensinanzas baseadas na perseveranza e no éxito. Exemplo: El vendedor más grande del Mundo, Cómo hacer amigos e influir en las personas, La Inteligencia emocional, ¿Quién se ha llevado mi queso?...
3.Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías?
Escollería a Simone de Beauvoir porque me identifico coa súa
rebeldía e porque admiro a súa valentía e a súa capacidade para converter situacións
complexas e profundas en procesos simples
a través dos seus escritos.
Pantaleón y las visitadoras de Mario Vargas Llosa. Foi un regalo dun amigo chamado Pantaleón
Merino, lector enfermizo e patolóxico.
Por que me gusta? Por que é o meu favorito? Porque a través
da literatura amosa unha realidade inimaxinable do que acontece na selva amazónica
cos corpos militares. É o meu favorito porque me iniciou na lectura continua;
fíxome ver o divertido e entretido que é ler.
Un libro de aventura, de intriga, de sexo e infidelidade, das
forzas militares na Amazonía peruana.
Sería Gandalf de O Señor dos Aneis porque é una persoa
boa, intelixente, tolerante, poderosa, sinxela, valente e desprendida.
6.Unha obra para tremer
de medo…
La Magia Negra de Arthur Edward White, que trata de feitizos
para pactos co demo e así adquirir poder e control sobre o mundo.
Dáme medo porque sentín a súa presenza e soñei moitas noites con el. Veu a por min e vino na miña porta varias veces. Non fun capaz de terminar o libro.
7.Un libro para escachar co riso…
¿Quién se ha llevado mi queso? de Spencer Jhonson, que trata de catro liliputienses que viven diversas aventuras para conseguir o queixo.
8.Que supón para ti a
lectura dun libro?
A lectura dun libro para min supón viaxar a través do tempo e
do espazo sen necesidade de unidades de
medida. Pódeste transportar ao reino da fantasía, ás distintas épocas da
historia, podes imaxinar o futuro, podes coñecer cidades, construcións,
pinturas, misterios, etc…
9.Lectura en papel ou
dixital?
Prefiro en papel porque o teño como hábito e a dixital
paréceme que vai máis encamiñada a temas científicos.
10.Para despedirnos,
uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase
especialmente:
“ Hay golpes en la vida, tan fuertes…¡Yo no sé!
Golpes como el odio de Dios; como si ante ellos,
La resaca de todo lo sufrido
Se empozara en el alma…¡Yo no sé!
César Vallejo
“¿Por qué a verte volví, Silvia querida?
¡Ay triste! ¿Para qué? ¡Para trocarse
Mi dolor en más triste despedida!”
Mariano Melgar
No hay comentarios:
Publicar un comentario