Esta semana, os pícaros de Infantil continuaron a pasalo ao grande co divertido álbum de Patacrúa e Oliveiro Dumas O gato lambón (Kalandraka), grazas a Andrea, Lucía, Dani, Manuel, Osmani, Valentina, Sara, Matías e Bradley. Este grupo de contacontos de 5ºA de Primaria puxo novamente en escena esta obra para o desfrute dos nenos e as nenas de 4ºB e 4ºC de Infantil.
Outro dos contacontos que máis fixo desfrutar aos pícaros foi sen dúbida o desenvolvido por Marta e Antía, alumnas de 4ºA de Primaria, que achegaron os nenos e as nenas de 6º de Infantil a un álbum fundamental: Artur e Clementina (Kalandraka). Nesta obra, o dúo formado por Adela Turin e Nella Bosnia, fálanos de coeducación, liberdade e igualdade, nun intento de loitar contra os estereotipos sexistas.
A próxima semana visitarán a biblioteca historias como Cocorico, Garavanciño ou O gato lambón, para seguir levando de viaxe aos pícaros polo fermoso mundo dos contos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario