viernes, 21 de abril de 2023

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: DESFRUTAMOS DA VISITA DO CONTACONTOS BENXAMÍN, ESTREAMOS COCORICO, DESPEDÍMONOS DUN GATO MOI LAMBÓN E... VOS RECIBIMOS A VÓS, AS FAMILIAS!

Este domingo, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro, por iso quixemos festexar esta data coa visita do contacontos Benxamín, que, desde a editorial Anaya, viaxou ata a biblioteca do Fogar para achegar os nenos e as nenas de 1º ciclo de Primaria ao mundo máxico dos contos.





Ademais, escollemos esta semana tan especial para estrear unha adaptación teatral dun dos contos favoritos dos nosos pícaros: Cocorico (OQO). Aroa, Manuel, Alejandra e Xabier, de 5ºA de Primaria, foron os encargados da posta en escena desta obra tan esperada diante dos pequenos de 4ºB e 4ºC de Infantil.





Tan ben o fixeron estes contacontos de 5ºA, que o público permaneceu así de atento ás aventuras de Cocorico, a súa mamá e Gato Pelado:



E estes días tamén nos serviron para despedir O Gato lambón (Kalandraka), un divertido álbum de Patacrúa e Oliveiro Dumas que durante as últimas semanas fixo desfrutar enormemente aos pícaros de Infantil grazas ao bo facer de Valentina, Manuel, Osmani, Matías, Dani, Sara, Andrea, Lucía e Bradley, de 5ºA de Primaria. 





E, por suposto, unha das meirandes alegrías da semana a constituiron as vosas visitas. Desde aquí queremos dar as grazas aos papás, as mamás e os avós que estades a visitar a biblioteca estes días para celebrar xuntos o Día do Libro. Grazas polo voso tempo e pola vosa ilusión.


No hay comentarios:

Publicar un comentario