Unha semana máis, volvemos desfrutar na biblioteca deses mundos de fantasía contidos nas páxinas dos libros. Queredes saber que fixemos? Aquí vos vai o resumo da semana...
O luns recibimos os nenos de 4º de Infantil B, cos que vivimos unha sesión de contacontos protagonizada por O monstro da chuvia (Ed. SM), unha obra escrita por Marilar Aleixandre e ilustrada por Pablo Arango, na que vibramos cos esforzos de Chis para liberar os nenos secuestrados por unha terrible criatura.
Aquí podedes ver os pequenos atentos á lectura:
Este mesmo día, os alumnos dos grupos A e C de 4º de Infantil tamén acudiron á biblioteca, onde escolleron varios libros para ler na aula.
O martes, como cada semana, iniciamos a tarde con 6º de Infantil A, con cuxos pícaros nos achegamos a unha figura mítica de Literatura para nenos: Elmer. A obra protagonizada por este entrañable elefante de mil cores, escrita por David McKee e publicada pola editorial Beascoa, fíxonos desfrutar a todos e nos lembrou a importancia de valorar as diferencias e peculariedades de cada un.
Primeiro, escoitamos a lectura da obra:
E logo, decoramos, por grupos, o noso Elmer particular:
Xa na segunda sesión do martes, e dado que estamos a vivir unhas datas como as do Samaín, achegámonos xunto cos alumnos de 6º de Infantil B ao mundo dos monstros, da man dunha obra tan terrorífica como divertida, Cuando nace un monstruo (Ed. Juventud), escrita por Sean Taylor e ilustrada por Nick Sharratt.
O libro captou desde o primeiro momento a atención dos asistentes á sesión, como podedes ver nestas fotos:
E así, nesta semana de "cole" de catro días, chegamos ao xoves, xornada na que recibimos na biblioteca a catro grupos. Os primeiros en visitarnos, a primeira hora da mañá, foron os nenos de 6º de Infantil C, que viviron unha sesión moi especial, na que tivemos o privilexio de escoitar Cuando nace un monstruo na voz de dúas alumnas de 4ºC de Primaria: Alba Iglesias Arias e Candela Garea Veiga, que nos fixeron desfrutar a todos co seu bo facer como contacontos e coa súa simpatía.
E logo da lectura, enlazando cunha parte do conto, todos bailamos o bugui bugui dirixidos por Candela e Alba:
O ben que saíu esta sesión de contacontos non foi froito da casualidade, senón do esforzo e do traballo de Alba e Candela, que prepararon a actuación ao longo de varios días de ensaios.
As dúas pequenas contacontos, ademais, agasalláronnos con senllos adornos para decorar a biblioteca para o Samaín e para acondicionar a sala para este conto de monstros:
Xa pola tarde, visitáronnos os tres grupos de 5º de Infantil, cos que lembramos un conto clásico como Carapuchiña Vermella, mais engadíndolle un final alternativo no que a avoa e o lobo bailaban un rock despois de desfrutar da merenda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario