domingo, 18 de octubre de 2015

ÚLTIMOS DÍAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAS!

Varios concursos están chegando á súa fin. Este é o caso do primeiro "Adiviña o fragmento" deste curso, cuxo gañador anunciaremos a próxima semana. Se aínda non nos trouxeches a túa resposta, aínda podes facelo ao longo desta semana. Como sempre, o fragmento está a agardar por vós na porta da biblioteca:


E para todos aqueles que andades un pouco "perdidos" no concurso, aquí vos deixamos unha pista: o autor do libro ao que pertence o fragmento non é autor, senón autora, e para máis señas, galega.

Mais non é só este o concurso que está a entrar na súa recta final, senón que o mesmo acontece coa "II edición do Concurso de Debuxo polo Día Mundial dos Animais". Porén, neste caso, todos aqueles que queirades entregar o voso debuxo tedes algo máis de tempo, pois o prazo non acaba até a primeira semana de novembro. Son moitos os debuxos que nos chegaron xa e que agora mesmo están a decorar as paredes da biblioteca, así que só podemos darvos as grazas pola vosa participación e o voso esforzo. Aquí vos deixamos algúns:

Autora: Joana de Jesús Silva Seoane (5ºA)
Baseado en: Bolboretas e avelaíñas (Ed. Altea)


Autora: Aitana Boquete Gago (3ºC)
Baseado en: Los animales del campo (Ed. Susaeta)


Autora: Lola Cascón Vía (5ºA)
Baseado en: Manual de dragones mortíferos (Ed. SM)


Autora: Lucía Pérez Rodríguez (5ºA)
Baseado en: Gerónimo Stilton. Un aniversario rebigotudo (Ed. Destino) 


Autora: Alba Romero Lema (6ºC)
Baseado en: El lobo ¡Vaya fauna! (Ed. SM)


Autora: Sara Fernández Cedeira (4ºB)
Baseado en: Los tres cerditos y el lobo feroz (Ed. Combel)


Autor: Anxo Fandiño Conde (3ºB)
Baseado en: El maravilloso mundo de los insectos (Ed. Susaeta)


Autora: Antía Del Corro Rodríguez (3ºC)
Baseado en: De la oruga a la mariposa (Ed. Altea)

No hay comentarios:

Publicar un comentario