martes, 27 de octubre de 2015

TEMPO DE GRAZAS E DE PARABÉNS

Hoxe recibimos un agasallo que nos encantou: unha cabaza de Samaín feita por Alba Iglesias Arias (alumna do grupo de 4ºC de Primaria e unha das decoradoras oficiais da biblioteca) e o seu avó, a cal agora mesmo está a adornar a biblioteca. Desde aquí queremos darvos as grazas aos dous por dedicarnos o voso tempo e tamén por lembrarnos o valor dunha das cousas máis fermosas da vida: os momentos pasados xuntos entre netos e avós.

Alba, aquí che queda unha foto do momento en que nos trouxeches a cabaza:



E aquí podedes ver todos a cabaza decorando a biblioteca para o Samaín:




E se hoxe é tempo de grazas, tamén o é de parabéns, uns parabéns dirixidos a Andrea Quesada Paz, alumna de 6ºC de Primaria, que saíu gañadora no derradeiro concurso de "Adiviña o fragmento", correspondente á Mesa temática de Fantasía. Andrea acertou que o fragmento escollido pertence á obra Escarlatina, a cociñeira defunta (Ed. Xerais), da autora galega Ledicia Costas, recentemente distinguida co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil grazas a este libro.

Aquí vos queda unha foto da portada do libro, o cal podedes levar en préstamo para a vosa casa: 



E aquí vos deixamos unha foto de Andrea posando co premio recibido, que, como non podía ser doutro xeito, consiste nun libro, neste caso El coleccionista de relojes extraordinarios (Ed. SM), doutra autora xenial, Laura Gallego.


No hay comentarios:

Publicar un comentario