viernes, 23 de octubre de 2015

FOGUETES, PINGAS, MEDOS E... MIL E UN SORRISOS!

Estes días os nenos de Infantil puideron desfrutar dunha nova semana de contos na biblioteca. O luns foron os pequechos de 4º de Infantil B quenes nos visitaron e coñeceron a biblioteca: viron as diferentes seccións, familiarizáronse co proceso de préstamo, exploraron a sala e mergulláronse no mar de libros que está a agardar por eles.

O martes foi o turno dos grupos A e B de 6º de Infantil. Os primeiros, logo da visita da semana pasada ao planetario, volveron viaxar polo espazo da man de Una estrella para Peque Cohete (Ed. Beascoa), un fermoso canto á amizade ideado por Julie Sykes e Jack Tickle.




Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión:





Pola súa banda, os nenos de 6º de Infantil B gozaron con Cantas pingas na cidade! (OQO editora), escrita e ilustrada por Eva Montanari, e gañadora do 2º Premio ao libro mellor editado 2009, na categoría Infantil e Xuvenil, galardón outorgado polo Ministerio de Cultura. A través da aventura que emprenden as primeiras pingas que preceden a unha chuvieira, o texto lémbranos a importancia de aprender a divertirse e a desfrutar coas pequenas cousas.



Os nenos non quitaron ollo deste libro, fermosamente ilustrado:





 E logo da chuvia, chegou un xoves no que Julia Rey Rodríguez e Lucía de Soto Ventoso, alumnas de 3º da ESO, volveron colaborar con nós enfrontando os nenos cos seus medos, grazas a Raquel ten medo (Ed. Xerais), unha obra dun grande da nosa literatura, Agustín Fernández Paz, antigo profesor do Fogar: 



Os alumnos de 5º de Infantil C desfrutaron escoitando o conto nas voces de Julia e Lucía:



E, trala lectura, os pequenos colorearon un mural alusivo ao libro:




Na segunda sesión do xoves, repetimos a actividade cos pícaros de 5º de Infantil A:




 E esta vez contamos coa colaboración de dúas futuras mestras de Infantil: Sara Sierra Teijeiro e Uxía Quintas García, alumnas de 5ºB, que axudaron aos nenos a colorear o mural:




E entre foguetes, pingas e medos chegou o venres, onde estes últimos, os medos, volveron protagonizar a primeira das sesións. Nela, os alumnos de 6º de Infantil C, aprenderon unha valiosa lección vital grazas á obra de Elena Ferrándiz El abrigo de Pupa (Thulé Ediciones), un libro cunhas fermosísimas imaxes, que nos ensina a importancia de liberarnos deses medos que nos paralizan.



Os nenos escoitaron atentos a lectura da obra, trala cal, cada un falou dos seus medos:





E na última sesión da semana, 5º de Infantil B traballou cun conto clásico como é O parruliño feo:




Á lectura e posterior debate sobre o conto, seguíunos a elaboración dun fermoso mural:




 Este foi o resultado:



E tras unha fin de semana de descanso, novos contos, novas historias e viaxes a mundos de fantasía están a agardar por nós...





No hay comentarios:

Publicar un comentario