jueves, 4 de mayo de 2017

VISITA DE MARÍA, XOGADORA DO DEPOR FEMININO

Hai persoas que teñen maxia. Hoxe, na biblioteca do Fogar, tivemos o pracer de coñecer a unha delas. María, xogadora do Feminino A do R. C. Deportivo de La Coruña, visitounos esta mañá e mantivo un encontro co alumnado de 5ºB, no que nos falou da súa gran paixón: o fútbol. 



María, nada en Ávila, nos relatou como foi ese longo camiño percorrido, desde que se iniciou neste deporte na súa terra, até que chegou a formar parte dun grande como o Depor. Por que comezou a xogar ao futbol?, por que veu xogar ao Depor?, como é o ambiente nun equipo feminino?, quen é o seu ídolo?, como foi o seu primeiro gol coa camiseta do Depor?... Estas foron algunhas das preguntas ás que María respondeu con paciencia e cun enorme sorriso.











Desde o Fogar queremos dar as grazas a María, a Elkin e ao R. C. Deportivo de La Coruña, por prestarse a participar nesta actividade, que continuará con novos encontros entre o noso alumnado e xogadoras do Depor. Unha iniciativa enmarcada no programa de actividades deseñado para traballar un tema fundamental como o da igualdade, e que pretende dar visibilidade ao deporte feminino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario