domingo, 26 de noviembre de 2017

UN PASEO POR VENEZUELA, CON PARADA EN ZULIA

Esta semana os nenos e as nenas de 5ºB continuaron a achegarse a Venezuela, país acerca do que están a investigar neste primeiro trimestre dentro do proxecto UN FOGAR DE PAÍSES. Se as anteriores sesións estiveron centradas en aspectos da cultura venezolana como a gastronomía ou as danzas tradicionais, esta semana os protagonistas foron o clima e as festas.

Así, desenvolvemos unha sesión na que, nunha primeira parte, un grupo formado por Hugo, Manuel, Ángelo, Juan e Muriel, falou aos seus compañeiros sobre as características climáticas de Venezuela.



Tal e como nos contaron, neste país atopamos unha enorme variedade climática, que comprende desde o tropical até o frío de alta montaña.

Clima tropical (Isla de Margarita)

Selva tropical (Delta Amacuro)

Clima de sabana (Parque Nacional Aguaro-Guariquito)

Deserto cálido (Medanos de Coro)

Tundra alpina (Cordilleira de Mérida)

Clima glaciar alpino (Pico Humboldt)

E percorrendo os diferentes climas de Venezuela, tamén fomos viaxando polos seus estados e polas súas principais cidades, guiados por Aarón, Hugo, Álvaro e Alejandro.




De maneira especial, nos detivemos en Zulia, estado do que provén María Estela, alumna deste grupo de 5ºB. Vimos como está ubicado no extremo noroeste do país, limitando ao norte co Mar Caribe; ao leste con Falcón, Lara e Trujillo; ao sudeste con Mérida; ao sur con Táchira; e ao oeste con Colombia.



Na súa bandeira observamos unha franxa superior de cor azul, representando as augas do Lago de Maracaibo, e outra inferior negra, simbolizando a riqueza petroleira. No centro chamounos a atención un gran sol, que representa a capital do Estado, Maracaibo.



Cruzando o sol da bandeira obsérvase un lóstrego, que representa o Relámpago del Catatumbo, un fenómeno atmosférico característico da zona, claro exemplo do poder absoluto da natureza.



E de tanto viaxar por Zulia e polos diferentes estados de Venezuela, entrounos a fame. Menos mal que Lucía trouxo un adianto gastronómico do país sobre o que 5ºB vai investigar no terceiro trimestre: Arxentina. 



Así foi como probamos as"medialunas" que Lucía fixo para nós coa súa mamá, e que só podemos catalogar como auténticas delicias arxentinas. Tan arxentinas como os papás de Lucía.



Mais os fermosos apelidos de Lucía, Perticaro Corsani, nos levan nunha viaxe até Italia, país de onde proceden os seus antepasados e de onde partiron estes antes de afincarse en Arxentina. E en honor a Italia, Lucía e a súa mamá prepararon para nós unha das comidas estrela da cociña italiana: pizza. Unha pizza que, por certo, estaba deliciosa.



Damos aquí as grazas a Lucía e á súa mamá por estes dous agasallos tan saborosos.


E se de comidas do mundo estamos a falar, non podemos esquecernos das nenas e dos nenos de 4º de Primaria, curso no que atopamos alumnos con raíces en países como Venezuela, Senegal, Italia, Francia, China, Arxentina, Perú..., que prepararon xunto coas súas familias postres típicos destes países.





Encontraredes máis información sobre os postres de 4º picando aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario