lunes, 6 de noviembre de 2017

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS

A pasada semana, coincidindo coa época do Samaín, na biblioteca púidose escoitar algún conto de medo. Entre eles, como acontecera xa o curso anterior, tivo especial éxito entre os pícaros A figueira de Pelostortos, un álbum publicado por unha das nosas editoriais favoritas, OQO, con texto de Ana García Castellano e ilustracións de Mikel Mardones.



Foron varios os grupos de Infantil e Primaria que vibraron con este conto tan terrorífico como divertido, protagonizado polo malvado e egoísta Pelostortos, e por tres nenos que ao final consiguen darlle un escarmento grazas á súa astucia.





Aquí podedes ver os nenos e as nenas de 5º Inf. A atendendo á lectura:




E logo de escoitar o conto, coloreamos os nosos propios Pelostortos, coa axuda de Claudia, Muriel e Ángelo, de 5ºB de Primaria, que tamén nos axudaron a poñerlle pelo de la a un Pelostortos tan asustado que perdeu todo o cabelo do medo.










O resultado xa o puidestes ver arriba:


No hay comentarios:

Publicar un comentario