Unha semana máis, dentro do proxecto UN FOGAR DE PAÍSES, os nenos e as nenas de 5ºB achegáronnos ao país que están a estudar neste 1º trimestre: Venezuela. Se en anteriores sesións falaran diante doutros grupos de Primaria de aspectos como a gastronomía ou o baile, desta vez centráronse nos traxes tradicionais venezolanos. Aquí podedes ver a Candela Piñeiro e a Diego Otero perfectamente caracterizados:
Os encargados de investigar sobre este aspecto da cultura venezolana foron Diego Otero, Diego Pereiro, Pablo Beade, Pablo Edreira e Daniel, quenes, axudados polas súas compañeiras Candela, Aitana e María Estela, expuxeron o que averiguaran ante os seus compañeiros de 5ºB e ante os de 3ºC.
Así foi como coñecemos diferentes traxes tradicionais de Venezuela, como o liquiliqui que viste Diego Otero nas fotos que acompañan esta entrada.
O liquiliqui, tradicional dos Llanos, rexión situada entre Venezuela e Colombia, emprégase principalmente como atuendo masculino de festas e actos sociais, mais tamén se utiliza para o baile do joropo, danza que xa nos amosaron a semana pasada Aitana e Candela. Esta vez, vestidos para a ocasión, foron Candela e Diego Otero quenes nos fixeron desfrutar con este baile.
Nos vindeiros días seguiremos a amosarvos algunhas das actividades que estamos a levar a cabo dentro do proxecto UN FOGAR DE PAÍSES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario