Estes días desfrutamos cos nenos e as nenas de 5º de Infantil cun fermoso álbum escrito por Luis Amavisca e ilustrado por Mónica Carretero: Eleneja.
Vos recomendamos a todos esta pequena xoia publicada pola editorial Flamboyant, que nos conta unha divertida historia sobre a diversidade, o autodescubrimento e a autoestima. Sen dúbida desfrutaredes con Eleneja, unha personaxe peculiar que inicia unha viaxe na procura da súa identidade.
Os pícaros de 5º de Infantil C puideron escoitar este conto na boca dunha experta contacontos de 1º da ESO: Sofía.
Candela e Ángelo, de 5ºB de Primaria, tamén quixeron ler este conto para os nenos e as nenas de 5º de Infantil A e B:
E despois de escoitar o conto, chegou o momento de que cada un coloreasemos a nosa Eleneja:
Unha vez rematados os debuxos, sempre nos relaxamos cos libros na alfombra:
Desde aquí queremos dar as grazas a Sofía e á súa familia por doar para a biblioteca este conto tan fermoso. Agora todos podedes desfrutar del!
No hay comentarios:
Publicar un comentario