Proxectos na rede
O alumnado de 5ºA de Educación Primaria está a traballar
nun proxecto sobre a
autora que será figura das Letras Galegas do 2018: María Victoria Moreno Márquez.
Nel, os alumnos e alumnas están recadando información sobre a autora (biografía,
novas de xornais, imaxes, etc.).
autora que será figura das Letras Galegas do 2018: María Victoria Moreno Márquez.
Nel, os alumnos e alumnas están recadando información sobre a autora (biografía,
novas de xornais, imaxes, etc.).
Este proxecto comezou xa no mes de outubro, no que
mediante unha sesión de
Educación Física descubriron o nome da autora, para
despois investigar aspectos
relevantes da súa vida, obras e demais. Unha vez descuberto o nome, o
alumnado representouno no chan co seu propio corpo.
- Imaxes 1, 2 e 3. Crebacabezas e representación do nome da escritora.
Posteriormente, o que fixeron foi crear murais sobre
distintos
aspectos: biografía, obras destacadas, o libro “Mar Adiante” e a
fauna e flora
do lugar de nacemento da autora (en comparación coa fauna e flora galegas).
Para isto, mergulláronse na rede para buscar información na biblioteca e na casa,
sendo capaces de recoller unha gran cantidade de datos e converténdose
en grandes “expertos literarios”.

- Imaxe 4. Traballo de investigación na biblioteca e na aula.
Mais non só iso, senón que tamén recolleron información
noutras fontes como, por
exemplo, en libros. Un dos libros máis traballados foi
“Mulleres bravas
da nosa historia: María Victoria Moreno”, escrito por Eli Ríos.
da nosa historia: María Victoria Moreno”, escrito por Eli Ríos.
- Imaxe 5. Ander lendo “Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno” no recuncho de lectura da aula.
Unha vez realizado este traballo, e para dar a coñecer o
noso proxecto
a máis persoas, decidimos abrir unha páxina de “Facebook”.
O obxectivo principal desta é poder achegarnos a moita máis xente e facer ver a
importancia desta escritora na literatura infantil e xuvenil galega,
podendo recomendar libros dela a diferentes nenos/as doutros centros.

A continuación deixamos o enlace da páxina para que todos
a poidades
ver e darlle a “seguir”. Ademais, se fose posible, gustaríanos que as familias
que teñades Facebook a compartirades cos vosos contactos para poder
difundir este proxecto tan fermoso.
ver e darlle a “seguir”. Ademais, se fose posible, gustaríanos que as familias
que teñades Facebook a compartirades cos vosos contactos para poder
difundir este proxecto tan fermoso.
Para acceder ó noso Facebook de María Victoria Moreno preme sobre o seguinte enlace:
Moitas grazas pola vosa
colaboración!
Desexamos que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario