viernes, 10 de noviembre de 2017

CON LUCIANA, PASEAMOS POR BUENOS AIRES

Esta semana viaxamos até Arxentina para pasear por Buenos Aires con Luciana, nai de Pedro, de 6º Inf. A, e natural dese país. Luciana, ademais, nos regalou un fermosísimo mural cos elementos máis significativos da cidade bonaerense, que agora mesmo decora a biblioteca.



A experiencia foi extraordinaria, xa que, como se da mellor guía turística se tratase, Luciana nos levou da man polos barrios máis emblemáticos de Buenos Aires, como Almagro, Belgrano, La Boca, Palermo o Chacarita.

Almagro

Belgrano

La Boca

Nos ensinou os edificios máis significativos de Buenos Aires, como a Casa Rosada ou o Teatro Colón:

Casa Rosada

Teatro Colón

Nos presentou algúns dos monumentos máis fermosos da cidade, como o famoso Obelisco:




Nos falou da paixón que moitos arxentinos senten polo deporte máis seguido no país, o fútbol, e dos equipos máis destacados como Boca Juniors, River Plate ou San Lorenzo. E como non, nos amosou os impresionantes estadios destes equipos:

Estadio Alberto J. Armando, coñecido como La Bombonera, propiedade do Boca Juniors.

Estadio Antonio Vespucio Liberti, coñecido como Estadio Monumental, propiedade do River Plate.

Estadio Pedro Bidegain, do San Lorenzo de Almagro.


Luciana tamén nos falou de música, e dun xénero tan arxentino como o tango, o que propiciou un dos momentos máis fermosos da sesión, cando Pedro nos sorprendeu a todos cantando o famoso tango "Mi Buenos Aires querido", do inesquecible Carlos Gardel.



Luciana nos abriu o apetito amosándonos algúns deliciosos pratos arxentinos, como o asado, o locro  ou os alfajores.

Asado

Locro

Alfajores

Todos escoitamos moi atentos o que Luciana nos ía contando:



E para rematar a sesión nada mellor que algo tan arxentino como un bo mate:





Desde aquí, Luciana, che damos as grazas por regalarnos o teu tempo, por ensinarnos tantas cousas sobre Buenos Aires e por responder con tanta paciencia e sentido do humor as mil e unha preguntas que che fixemos. Sen dúbida, es unha supermamá!



E así de bonito queda o mural que fixeches para nós!




GuardarGuardar

No hay comentarios:

Publicar un comentario