miércoles, 15 de noviembre de 2017

DESFRUTANDO DA GASTRONOMÍA CHINESA

Este curso estamos a percorrer o mundo a través do proxecto UN FOGAR DE PAÍSES e, logo de visitar lugares como Venezuela e Arxentina, onte aterramos na China con 5ºC para probar algunhas das receitas máis saborosas da cociña dese país, grazas a un grupo de chefs composto por Miguel, Félix, Yago, Mateo e Adrián.



Estes cociñeiros de primeira mergulláronse na cociña chinesa investigando acerca de diferentes pratos típicos. Finalmente, decidiron prepararnos varios como mostra das delicias que ofrece a gastronomía da China: pan de gambas, galletas da sorte e pasteis de lúa.

Aquí podedes ver a Miguel amosándonos o pan de gambas, moi empregado como aperitivo. Tal e como nos explicaron, trátase dunha pasta elaborada con almidón de iuca ou de pataca, mesturada con pasta de marisco ou peixe e auga. Todo isto fritido en abundante aceite.

Félix e Yago nos amosan as saborosas galletas da sorte que fixeron para os seus compañeiros. Trátase dunhas galletas de paredes delgadas e triscantes, enfornadas, e que no seu interior gardan unha mensaxe para quen as coma.

Mateo e Adrián nos amosan os deliciosos pasteis de lúa que prepararon para a ocasión. Tal e como nos explicaron, trátase dun doce chinés consumido tradicionalmente na Festa do Medio Outono, unha das celebracións máis importantes da China. Polo xeral cómense acompañados de té chinés.

Estes cinco cociñeiros explicaron aos seus compañeiros de 5ºC e aos de 2ºB como se prepara cada un destes pratos:






E logo, por suposto, chegou o mellor momento da sesión: a hora de probar o que prepararan para nós.




Despois de percorrer países como Venezuela, Arxentina e a China, próxima parada: o Brasil!

Para ver o video da actividade, preme sobre o enlace:


GuardarGuardarGuardarGuardar

No hay comentarios:

Publicar un comentario