miércoles, 7 de febrero de 2018

VIAXAMOS AO BRASIL CON ELAINE E VANIA

Ao longo do 1º trimestre, en 5ºB recollemos información sobre Venezuela, país de procedencia dunha das nosas compañeiras, María Estela, chegada este curso ao noso colexio. Agora, neste 2º trimestre decidimos investigar sobre o Brasil, a terra da que veu Daniel, outro dos membros do grupo, e da que proveñen as mamás de Emily e de Ángelo. Deste xeito, se á hora de achegarnos a Venezuela foi de enorme axuda a visita de Jesús, o papá de María Estela, este luns pasaron pola biblioteca Elaine e Vania, mamás de Emily e de Daniel, que nos fixeron viaxar coas súas palabras até o Carnaval do Brasil, tema sobre o que andamos a investigar estes días.



Con estas dúas embaixadoras do Brasil, aprendemos moitas cousas sobre como se celebra esta festa en diferentes partes do país, como Río de Janeiro, Olinda, Salvador de Bahía ou São Paulo, onde as escolas de samba, blocos e bandas chegan a ocupar barrios enteiros.



Aquí vos deixamos unha mostra da paixón coa que se vive esta festa no Brasil:

Carnaval de Rio de Janeiro

Carnaval de Olinda

Carnaval de Salvador de Bahía

Carnaval de São Paulo

E, logo de escoitar todo o que Vania e Elaine nos contaron sobre o Brasil e o seu Carnaval, decidiron achegarnos ao mundo da samba da mellor maneira posible: ensinándonos a bailala!







Como remate da visita, Vania e Elaine tiñan para nós unha sorpresa final: coxinhas e brigadeiros, dúas delicias da cociña brasileira.

Coxinhas: aperitivo elaborado con peituga de polo envolta nunha masa, logo empanada e fritida.

Brigadeiros: doce común en todo o Brasil, elaborado con chocolate, leite condensado e manteiga.

Queremos agradecer a Elaine e a Vania a súa visita, e a alegría e o entusiasmo que amosaron ao longo de toda a sesión.


No hay comentarios:

Publicar un comentario