Logo de que Candela, Bárbara, Aitana, Olaia e Estela nos achegasen ao noso carnaval, o Entroido, en 5ºB decidiron investigar sobre os carnavais no mundo, deténdose especialmente no de Río de Janeiro. Esta investigación, levada a cabo por Diego, Pablo Edreira, Pablo Beade e Daniel, enmárcase dentro do proxecto UN FOGAR DE PAÍSES, no cal, neste segundo trimestre, en 5ºB se van centrar de maneira especial no Brasil, país de procedencia de Daniel e das nais de Emily e Ángelo, compañeiros tamén deste grupo.
A investigación comezou coa busca de información, continuou coa selección e o análise da mesma, e proseguiu coa preparación dunha exposición. Así, chegou o momento de transmitir todo o que aprenderon aos seus compañeiros:
Aquí vos deixamos algúns dos carnavais que máis nos chamaron a atención de todos os que nos describiron Daniel, Pablo Edreira, Pablo Beade e Diego:
|
Carnaval de Rio de Janeiro (Brasil) |
|
Carnaval de Oruro (Bolivia) |
|
Carnaval de Veracruz (México) |
|
Carnaval de Nueva Orleans (Estados Unidos) |
|
Carnaval de Venecia (Italia) |
|
Carnaval de Niza (Francia) |
|
Carnaval de Tenerife (España) |
Parabéns polo voso traballo, rapaces!
No hay comentarios:
Publicar un comentario