Os nenos e as nenas deste grupo levan desde comezos de curso investigando sobre este país, polo que tiñan unha morea de preguntas que facer. Chris, ademais de responder todas as preguntas que lle realizamos, e de pesarnos e medirnos seguindo as unidades inglesas, falounos de cousas tan dispares como a orixe da bandeira de Inglaterra, a Raiña Isabel II, a libra esterlina, o cricket, o fish and chips, ou a hora do te. Aquí vos deixamos algunhas fotos da sesión:
Queremos agradecer a Chris a simpatía e o bo humor cos que nos ensinou tantas cousas de Inglaterra.






