A obra escollida foi ¡Quiero a mis abuelos! (Blume), escrita por Claire Freedman e ilustrada por Judi Abbot. Vos recomendamos este fermoso álbum que nos fala dun amor único: o que se esteblece entre avós e netos.
Os pícaros de 4º de Infantil escoitaron moi atentos a historia que lles contamos.
Despois, todos falamos dos nosos avós e das nosas avoas.
E a continuación decidimos converternos nós en avós e avoas, coa axuda de Javi e de Guillermo, de 1ºESO B.
Tanto lles gustou este conto aos pícaros de 4º de Infantil, que Sofía, Andrea, Shaila e Ainhoa, de 1º da ESO, decidiron lerllo aos nenos e as nenas de 5º de Infantil. Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión:
No hay comentarios:
Publicar un comentario