A pasada semana desfrutamos dunha sesión moi fermosa na biblioteca, grazas a cinco marabillosas contacontos de 5ºC, Miriam, Claudia, Laura, Julia e Nicole, que leron para os nenos de 2ºC Vacío (Bárbara Fiore), de Anna Llenas.
Esta sesión foi un agasallo para Tina, titora de 2ºC e antiga mestra destas cinco contacontos, que quixeron devolverlle o cariño que lles deu (e lles segue a dar) lendo para ela e para os seus alumnos o seu conto favorito, un conto que nos fala das nosas emocións e de como aprender a xestionalas, de como enfrontarse ás adversidades buscando no noso interior.
Aquí vos deixamos unhas fotos desta sesión, na que rimos, choramos e, sobre todo, aprendemos a coñecernos mellor.
Para todos aqueles que aínda non coñezades este fermoso álbum ilustrado, aquí vos deixamos este regalo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario