viernes, 23 de febrero de 2018

MONSTRUO ROSA

Nestas datas de Entroido que acaban de pasar, nos cursos de Infantil andiveron a traballar o fermoso álbum de Olga de Dios titulado Monstruo Rosa, publicado por Apila Ediciones. Leuse o conto nas aulas, fixéronse diversas actividades arredor da obra e o alumnado elaborou disfraces de cada unha das personaxes da historia. Paralelamente, estudantes de 5º e 6º de Primaria estiveron a preparar unha dramatización da obra para representar diante dos pícaros de Infantil e dos primeiros cursos de Primaria. Esta semana, Óscar, Joel, Eloy, Mireia, Noa, Alba e Malena, de 6ºA, puxeron en escena Monstruo Rosa diante dos tres grupos de 5º de Infantil. Aquí vos deixamos algunhas fotos destas primeiras sesións:














Os nenos e  as nenas de 5º de Infantil permaneceron moi atentos ao que pasaba no escenario:






Desde aquí queremos dar os parabéns a este grupo de actrices e de actores de 6ºA polo bo traballo realizado tanto nos ensaios como na representación.



Ao longo das vindeiras semanas, os nenos de 5º e de 6º continuarán a facer desfrutar ao alumnado de Infantil e dos primeiros cursos de Primaria con este divertido álbum que vos recomendamos a todos:



A aqueles que non o coñezades, vos convidamos a achegarvos a este álbum que nos fala do valor da diferenza e que nos axuda a entender a diversidade como un elemento enriquecedor da nosa sociedade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario