viernes, 31 de mayo de 2019

ÁNGELA FÁLANOS DO SEU TRABALLO COMO BIÓLOGA

Ao longo do mes de maio continuamos a recibir visitas de profesionais de diferentes sectores, que están a pasar pola biblioteca para achegarnos aos seus oficios, nuns encontros enmarcados no proxecto central deste curso: "As profesións". Unha das últimas visitas estivo protagonizada por Ángela, que pasou pola biblioteca para explicarnos en que consiste o seu traballo como bióloga, nun encontro co seu fillo Miguel e cos seus compañeiros de 6ºB de Infantil.



Ángela falounos do que é un científico, explicounos en que consiste o estudo dos seres vivos, informounos sobre os diferentes tipos de biólogos que existen, contounos moitas curiosidades sobre os animais, presentounos algunhas das grandes figuras da historia da bioloxía e lembrounos a enorme importancia de respectar o medio ambiente.


Encantounos viaxar con Ángela polo mundo da bioloxía e escoitar de primeira man como é o traballo destes profesionais. Logo deste encontro, moitos dos pícaros de 6ºB de Infantil xa teñen claro a súa profesión preferida: biólogo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario