Ángela, mamá de Miguel (6ºB de Infantil) e de Pablo (5ºC de Primaria), desfrutou tanto coa visita na que nos falou do seu labor como bióloga, que repetiu experiencia para falarnos do seu traballo como química. Nesta ocasión foron os alumnos de 6ºA de Infantil os que tiveron o pracer de escoitar a Ángela e de converterse en pequenos-grandes químicos. Tanto lles gustou a experiencia, que quixeron compartir todo o que aprenderon cos seus compañeiros de 1ºB de Primaria.
Así, Ángela explicounos en que consiste o seu traballo como química e logo realizamos con ela diferentes experimentos que nos encantaron.
Como comentamos liñas atrás, tanto desfrutaron os pícaros de 6ºA de Infantil, que prepararon unha sesión para os seus amigos de 1ºB de Primaria, na que lles explicaron todo o que aprenderan sobre os químicos:
A continuación, exerceron de científicos e repetiron cos seus compañeiros de Primaria os experimentos que realizaran con Ángela:
Foi unha experiencia marabillosa, que se puido realizar grazas á participación e implicación das familias. Por iso, Ángela, dámosche as grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario