Nunha das últimas visitas enmarcadas dentro do proxecto destinado a achegarnos ao mundo das profesións, recibimos a Carmen, que pasou pola biblioteca para manter un encontro co seu fillo Jaime e cos seus compañeiros de 1ºC de Primaria, no que explicou en que consiste o labor desenvolvido pola Cruz Vermella, entidade na que traballa, e que forma parte da maior organización humanitaria do mundo.
Carmen transmitiunos a filosofía da Cruz Vermella: axudar a mellorar a vida das persoas, con independencia da súa nacionalidade, da súa relixión, da súa clase social, da súa opinión política... Igualmente, nos falou de certos colectivos nos que a súa actividade se fai especialmente presente: nenos e mozos, persoas maiores, inmigrantes, persoas con discapacidade, persoas afectadas pola pobreza, persoas desempregadas...
Con Carmen tamén nos achegamos ao importante labor que desenvolve o persoal da Cruz Vermella dedicado ao salvamento marítimo e aprendemos en que consiste a teleasistencia, a axuda a domicilio, o transporte adaptado, etc.
Queremos dar as grazas a Carmen por todo o que nos ensinou e por deixar gravadas na mente dos pícaros dúas palabras: xenerosidade e solidariedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario