Un colexio é unha comunidade educativa composta por diferentes estamentos: traballadores do centro, estudantes e familias. Para que esta comunidade funcione é indispensable que estes tres compoñentes vaian da man. Por esta razón, desde o Plan Lector, sempre buscamos oportunidades para xuntar a traballadores do colexio, aos alumnos e ás familias. Así, cando propoñemos actividades nesta liña nos encanta que as familias aceptedes colaborar. Sodes moitas as familias implicadas cos alumnos do Fogar: cos vosos fillos ou netos e cos compañeiros destes. Implicados coa súa educación. A todos vós, vos damos as grazas. Grazas por estar aí.
Unha destas familias ás que nos estamos a referir sodes, sen dúbida, a familia Garrido Sola.
Logo das diferentes visitas de Olga, agora tocoulle o turno a Archy, o papá da familia, que hai uns días nos visitou para explicarlle ao seu fillo Mateo e aos seus compañeiros de 1ºA de Primaria en que consiste a súa profesión de óptico. Con el aprendemos o importante que é revisarnos a vista e tamén coidar e protexer os nosos ollos.
Archy ensinounos tamén as diferentes partes que forman o ollo.
E nos falou de todas as tarefas que leva a cabo no seu día a día como óptico.
E por se todo isto fose pouco, Archy regalounos unhas gafas coas que todos desfrutamos vendo unha película 3D.
A vós, Archy e Olga, símplemente vos dicimos: grazas por ser como sodes.
:-) Sempre é un pracer participar na vida do colexio. É unha experiencia enriquecedora máis para nós ca para os pícaros.
ResponderEliminarGraciñas por contar cos pais.