sábado, 1 de junio de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS

Este ano dedícaselle o Día das Artes Galegas ao polifacético artista Luis Seone. 
                                       
As titoras de sexto de Infantil aproveitaron este feito para traballar a figura deste gran artista nas súas aulas.

Así, os pícaros puideron coñecer a súa figura como creador, deseñador, caricaturista, debuxante, ilustrador, pintor, gravador, muralista, editor e escritor.

A través deste autor puideron achegarse a diferentes aspectos da arte mais tamén da historia; traballando a emigración coñeceron a súa figura como galego universal na diáspora, a súa vontade de dotar á cultura galega de dignidade e a importancia das moitas iniciativas que puxo en marcha malia ter que exiliarse e que trascenderon a súa época. 

A vida do artista tamén deu pé a falar sobre a Guerra Civil (a través de gravados) e debater sobre a intolerancia e a maldade. Mendiante o libro-xogo "Lo que tú quieras. Filosofía visual para niños" da xenial editorial Wonder Ponder, reflexionamos e dialogamos sobre a liberdade e os límites.


Como broche final do proxecto, os tres grupos de sexto de Infantil, realizaron unha saída didáctica á Fundación Luis Seoane


Alí, da man de Tonecho, recordamos a algúns dos artistas que influenciaron a obra de Seoane, como Picasso coa utilización de diferentes perspectivas dentro da mesma obra (moi típico do artista). E tamén coñecemos o seu gusto por inventar e crear as súas propias cores a través das cores primarias (maxenta, ciano e amarelo) e mesmo recordamos e puidemos ver en directo a utilización das formas xeométricas nos seus cadros. 






Despois da explicación do noso xenial guía convertémonos en artistas, esponxa e agua en man, e realizamos uns murais efémeros "pegando" diferentes formas de acetato destas cores pimarias nas vidreiras da Fundación. E así de ben o pasamos sendo artistas:














Durante o desenvolvemento do proxeto nas aulas, cada grupo reproduciu unha obra de Seoane que agora loce no patio de Infantil como decoración. Non dubidedes en vir a contemplalas!











No hay comentarios:

Publicar un comentario