viernes, 14 de junio de 2019

OS SUPERPOETAS DE PRIMARIA

Este curso decidimos que o tradicional concurso de creación literaria ía ir destinado a mergullarnos de cheo nese extraordinario océano que é a poesía, levándonos a desfrutar de poemas e poetas, a visitar a biblioteca na procura de poemarios e a elaborar as nosas propias composicións. 

Así foi como, ao longo de varias semanas, fomos dando forma ás nosas creacións, a través das cales falamos das nosas experiencias e das nosas emocións, da familia e dos amigos, das cousas que nos gustan e das que nos asustan, e aprendemos a coñecernos mellor a nós mesmos e ao mundo que nos rodea, a describir o real e a inventar o imposible, a falar do que vemos e tamén a voar lonxe, moi lonxe, grazas ao enorme poder da nosa imaxinación. 

Todo isto deu como resultado algo extraordinario: un conxunto de poemarios, 18 en total, elaborados polo alumnado de Primaria, un por grupo, que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca para que todos os estudantes poidan desfrutar do que crearon os compañeiros. 

Desde aquí queremos felicitar a todo o alumnado de Primaria polas fantásticas composicións que crearon. Sodes uns poetas de primeira! Ademais, queremos dar os parabéns a todos os docentes que se implicaron nesta fermosa actividade e agradecer o seu esforzo e dedicación. 

E como todo concurso ten os seus gañadores, esta mañá algúns grupos recibiron, por sorpresa, o seu premio en agradecemento polos fermosos poemarios creados.

2ºA, "Premio Superpoetas" na categoría 1º e 2º de Primaria:
















3ºA, "Premio Superpoetas" na categoría 3º e 4º de Primaria:



6ºC, "Premio Superpoetas" na categoría 5º e 6º de Primaria:


No hay comentarios:

Publicar un comentario