Esta mañá demos a coñecer o nome da gañadora do concurso "Adiviña o fragmento" relativo á mesa dedicada a Novela policiaca. A gañadora nesta ocasión foi Xiana Domínguez Area, alumna de 6ºA, que adiviñou que o fragmento pertencía á obra Estudio en escarlata de Arthur Conan Doyle.
Noraboa, Xiana!
![]() |
| Xiana, co seu premio. |
Coa mesa de Novela policiaca rematan as mesas temáticas deste curso, polo que damos por finalizado tamén o noso concurso "Adiviña o fragmento", que tan boa aceptación tivo entre todos vós. Queremos aproveitar para agradecer a vosa participación e felicitar de novo a todas as gañadoras:
Lucía Castiñeira Rial (5ºA).
Eugenia Roca Capdevila (5ºC).
Laura Paadín Barco (5ºC).
Yamila Ferreira Escobar (3º ESO B).
Cristina Mouriño Domínguez (3º ESO A).
Paula Martínez Gómez (5ºA).
