viernes, 5 de junio de 2015

OS MAIORES COMPARTEN CONTOS COS NENOS DE INFANTIL

Este curso, os rapaces "maiores" quixeron agasallar aos pequenos cun fermoso presente que se resume nunha palabra: contos. En diferentes sesións ao longo destes meses, alumnos de distintos cursos de ESO e Bacharelato compartiron cos nenos de Infantil historias tan divertidas como Chibos chibóns ou Tío Lobo, tanto nas propias aulas dos pequenos como na biblioteca do Centro. Estes encontros, que sen dúbida terán continuidade durante os vindeiros cursos, fixeron desfrutar a todos os que tivemos a sorte de asistir a eles. A atención coa que os pequenos escoitaban aos maiores, a paciencia e cordialidade coa que os maiores respondían a calquera pregunta dos pequenos, e os sorrisos que se lles escapaban a uns e outros, constitúen algúns dos momentos inolvidables deste curso 2014-2015.

Icía, alumna de 3º da ESO, contando O grilo Míllelo.

Miguel, alumno de 1º da ESO, contando Pulguiña aos «Gemitos».

Ander, de 1º da ESO, contando Pulguiña aos «Pilaritos».
Sergio, estudante de 1º de Bacharelato, contando Un poco de mal humor aos «Puritos».

Antón, alumno de 3º de ESO, contando Pulguiña aos «Pilitos».


No hay comentarios:

Publicar un comentario